Data de emisión: 08 setembro 2015

Personajes. Fermín Caballero

CONSULTAR TARIFAS

Personajes. Fermín Caballero

HISTORIA

PERSONAXES

Fermín Caballero, unha das personalidades políticas e intelectuais máis destacadas do reinado de Isabel II, incorpórase á serie Personaxes pola súa vinculación coa orixe do selo en España. En 1843, sendo ministro da Gobernación, promulgou a primeira orde para que se estudase o establecemento do franqueo previo neste país: "adoptado modernamente nalgúns países da culta Europa... "

O selo reproduce a metade do rostro da personaxe, no que destaca a súa intensa mirada. Ao fondo aparecen imaxes de Madrid e o primeiro selo de 1850 coa palabra "Certificado". Na impresión utilizouse foil para darlle un aspecto metalizado.

Fermín Caballero (Barajas de Melo, Cuenca, 1800 - Madrid, 1876), de familia acomodada, cursou o primeiro ensino na súa vila natal. A súa vida parecía destinada á Igrexa, na que exercían varios membros da súa familia, polo que ingresou no seminario de Cuenca para estudar Filosofía e máis tarde na Universidade de Zaragoza para continuar con Teoloxía. A revolución de 1820 cambiou o seu rumbo: comezou a implicarse en política e cambiou a formación eclesiástica polo Dereito, que estudou na Universidade de Alcalá de Henares (Madrid).

De ideas liberais, afiliouse ao Partido Progresista e en 1834 foi elixido por Madrid e Cuenca para ocupar un dos escanos como procurador e optou polo desta última provincia. Época convulsa e de continuos cambios políticos, Fermín Caballero foi alcalde de Madrid e ministro da Gobernación durante o mandato de Joaquín María López. Tras a caída deste goberno, abandonou a actividade política e centrouse no traballo intelectual, polo que chegou a publicar numerosas obras.

Nos seus anos mozos exerceu de redactor no periódico Boletín de comercio, chamado máis tarde Eco del comercio, onde desempeñou un gran papel no desenvolvemento do liberalismo.

O interese polos estudos xeográficos e agrarios estiveron presentes ao longo da súa vida. Foi membro da comisión de División Territorial e traballou para sentar as bases dun sistema estatístico e do censo de poboación. Entre as numerosas obras publicadas destacan Nomenclatura geográfica de España (Nomenclatura xeográfica de España) (1834), Manual geográfico-administrativo (Manual xeográfico-administrativo) (1844) e Fomento de la población rural (Fomento da poboación rural) (1863).