Data de emisión: 22 abril 2015

Personajes: Luis Aragonés - Gabriel García Márquez

CONSULTAR TARIFAS

Personajes: Luis Aragonés - Gabriel García Márquez

HISTORIA

PERSONAJES. Luis Aragonés, Gabriel García Márquez

ABONO a Pliegos Premium

Ahora también PESONALIZACIÓN Pliegos Premium

PERSONAXES
Os nomes de Luis Aragonés, xogador e adestrador de fútbol, e de Gabriel García Márquez, escritor e Premio Nobel de Literatura (1982), protagonizan a emisión dedicada a Personaxes. Ambos os dous selos preséntanse en formato Prego Premium.
Luis Aragonés (Madrid, 1938-2014) comezou a súa andaina futbolística no Getafe con 15 anos. En 1960 debutou co Oviedo en Primeira División e iniciou unha longa carreira que culminaría como seleccionador nacional e o triunfo de España na Eurocopa 2008. Figura de referencia do fútbol español, xogou varios anos no Betis ata fichar, na tempada 1964-1965, polo Atlético de Madrid. Co equipo vermello e branco gañou tres títulos de Liga (1966, 1970 e 1973), dúas Copas de España (1966 e 1972) e foi o máximo goleador da Liga 1969-1970, na que empatou co seu compañeiro Eulogio Gárate e co madridista Amancio. En once ocasións vestiu a camiseta da selección, ata que na tempada 1974-1975 deixou de xogar para converterse en adestrador do Atlético de Madrid. Anos máis tarde intercalou o adestramento deste club co doutros, coma o Betis, Barcelona, Espanyol, Sevilla ou Fenerbahçe de Turquía. Á fronte da selección obtivo a Eurocopa 2008 e promoveu o nome de la Roja para o equipo español. Esta declaración de Luis Aragonés reflíctese no Prego Premium.
Gabriel García Márquez (Aracataca, Colombia, 1928-México D.F., 2014) estudou Dereito na Universidade Nacional de Bogotá, á vez que comezou a colaborar nos diarios El Universal e El Espectador. En 1955 publicou a súa primeira novela, La hojarasca, na que xa se aprecia a súa liña narrativa chea de fantasía. En 1967 apareceu a súa obra mestra e unha das novelas máis importantes da literatura do século XX, Cien años de soledad. Nela recrea a saga familiar dos Buendía na vila imaxinaria de Macondo, cun estilo chamado "realismo máxico", no que se mesturan constantemente elementos cotiáns e realistas con outros de carácter máxico e fantasioso. En 1975 publicou El otoño del patriarca, a súa obra preferida, á que seguiron outras tan coñecidas como Crónica de una muerte anunciada, El amor en los tiempos del cólera ou El general en su laberinto. A súa vida discorreu entre Colombia, Cuba, México, París e Barcelona. En 1982, recibiu o Premio Nobel de Literatura. No Prego Premium aparece un selo ao revés, en referencia á frase que figura inscrita no seu lateral.