Data de emisión: 19 xaneiro 2015

Serie Basica

CONSULTAR TARIFAS

Serie Basica

HISTORIA

SERIE BÁSICA

Co inicio dunha nova etapa na monarquía española, con Filipe VI, rei de España, ponse en circulación unha nova Serie Básica que reproduce a efixie do monarca. A imaxe foi facilitada pola Casa Real.
A emisión consta de cinco valores imprimidos en offset e un, de maior tamaño, en calcografía que incorpora por primeira vez a esta serie dúas novidades: a realización do selo é autoadhesivo e inclúe Realidade Aumentada (RA). Esta modalidade tecnolóxica, ao ser capturada mediante un smartphone, remite a unha animación e un vídeo sobre a figura do rei Filipe VI. Ao igual que outros selos emitidos en 2015, todos os valores contan coa singularidade de incluír o "ñ" da Marca España.
Esta serie complétase cunha proba de artista Ouro, realizada para o selo de calcografía en ouro de 24 quilates que recobre unha base de prata de 999 milésimas.
A Serie Básica, chamada tamén Serie Xeral ou Definitiva, ten por finalidade cubrir unha ampla gama de valores faciais para atender todas as posibilidades de franqueo. Nos países monárquicos, a serie ilústrase cun retrato do monarca, como é o caso de Gran Bretaña, Suecia ou España, mentres que nas repúblicas se recorre a imaxes coñecidas do país ou a figuras alegóricas, como a Marianne, en Francia.
Xeralmente, a serie presenta algunhas características propias, como facer tiraxes moi extensas ou ilimitadas; reproducir durante anos a mesma imaxe con distintas cores e valores faciais; ter períodos de vixencia e circulación prolongados, ou utilizar diversos dentados, así como diferentes sistemas de impresión. Valla como referencia que durante o reinado de Xoán Carlos I se puxeron en circulación máis de 150 selos da Serie Básica. En total emitíronse seis tipos de series básicas claramente diferenciadas entre si, nas que a imaxe do monarca foi variando co paso dos anos.
Filipe de Borbón e Grecia naceu en Madrid o 30 de xaneiro de 1968. Tras a abdicación do seu pai, Xoán Carlos I, o 19 de xuño de 2014 foi proclamado rei co nome de Filipe VI. Na súa condición de xefe de Estado, simboliza a unidade e permanencia do Estado, exerce unha función arbitral e moderadora do funcionamento das institucións e asume a máis alta representación do Estado español nas relacións internacionais.