Data de emisión: 02 xaneiro 2015

Turismo

CONSULTAR TARIFAS

Turismo

HISTORIA

TURISMO

Póñense en circulación dous novos selos da serie Turismo que recrean nos seus deseños algúns dos atractivos turísticos de España. Así, aspectos tan variados como a arte, a cultura, a gastronomía, o bo clima ou as múltiples festas declaradas de interese forman un abano de posibilidades, que levaron este país a ser un dos destinos con maior proxección turística internacional.
Dende que na década de 1960 se iniciou o impulso do turismo en España, promovido, principalmente, polo incremento do poder adquisitivo da clase media e a mellora das infraestruturas, o sector turístico desenvolveuse ata converterse nun dos motores económicos máis importantes do país. Á expansión do sector contribuíron tanto os profesionais do ramo coma as institucións oficiais, entre as que desempeña un papel importante o Instituto de Turismo de España (Turespaña). Este organismo nacional é o encargado de promover España como destino turístico no mundo, para o que conta cunha rede de 33 Consellarías de Turismo no estranxeiro, que teñen como misión a promoción do país fóra das nosas fronteiras.
O interese que España esperta no ámbito turístico internacional fixo que Madrid fose elixido como lugar de encontro para celebrar, nos días centrais do mes de abril, a World Travel & Tourism Council (WTTC) (Cumio Mundial do Turismo). Esta cita reúne os líderes dos cinco continentes para trazar as estratexias e iniciativas correspondentes no relacionado coas viaxes e o turismo. Entre os asistentes figuran compañías aéreas, cadeas hoteleiras, axencias de viaxes, operadores turísticos e provedores de tecnoloxías do sector de viaxes. O cumio internacional defende tres prioridades básicas para o desenvolvemento do turismo actual e do futuro: a liberdade para viaxar, as políticas para o crecemento e o turismo para mañá.
Dende 1999, a WTTC celebrouse en cidades como Washington, Dubai, Beijing, Las Vegas, Tokyo e Abu Dhabi.
Os selos que se emiten enmárcanse nunha liña de deseño alusiva aos distintos atractivos turísticos que fan deste país un lugar diferente. No selo de 1 € insírese o logotipo oficial da World Travel & Tourism Council e ten como referencia imaxes alusivas a elementos turísticos da cidade de Madrid.