Data de emisión: 27 maio 2015

Un sello, un récord

CONSULTAR TARIFAS

Un sello, un récord

HISTORIA

UN SELO, UN RÉCORD
O correo español bateu o récord Guinness e recibiu o certificado que o acredita como gañador desta modalidade mundial pola realización do "Mosaico de selos máis grande do mundo". A composición recrea no centro a letra Ñ, símbolo da Marca España e agora ademais elemento identificador do selo español. En recordo deste premio e dos participantes que colaboraron na súa consecución, emítese un selo e unha viñeta sen valor postal que reproducen o mosaico gañador dende outra perspectiva.
Un total de 3.100 participantes, entre os que se contaban 1.900 escolares de 10 colexios e 1.200 particulares, compuxeron o cadro de selos máis grande que xamais existiu. O encontro tivo lugar os días 6 e 7 de novembro, de 2014, no Pazo de Deportes "José María Martín Carpena", en Málaga. Un día máis tarde se expuxo o mosaico e tivo lugar o acto de clausura. Seguindo as normas establecidas por Guinness, un notario deu fe do conseguido e procedeuse ao envío da documentación técnica e gráfica do traballo realizado.
Na composición do mosaico utilizáronse 230.000 selos facilitados por Correos, cos que se cubriron os 220 m2 dunha lona de papel, sobre a que se montou o cadro dunhas dimensións de 17,5 x 12,5 metros. Os selos colocáronse durante 22 horas, repartidas en dúas xornadas, e contouse coa participación de estudantes, afeccionados á filatelia, asociacións deportivas e culturais, empregados de Correos e cidadáns en xeral. A iniciativa foi organizada pola Sociedade Postal, en colaboración con outras institucións e organizacións filatélicas, e tivo como obxectivo achegar o mundo do selo ao cidadán dende unha perspectiva máis lúdica e innovadora, á vez que mostrar o selo como un medio de transmisión de cultura e entretemento entre os máis novos.
Ata a obtención do récord Guinness polo correo español, o diploma ostentábao dende 2010 o operador postal de Sudáfrica en colaboración co Hatfield Tuition Collage, quen recreou o skyline de Johannesburgo. Na súa confección utilizáronse 201.000 selos, cubriuse unha superficie de 162 m2 e empregouse un mes na composición.