Data de emisión: 23 xullo 2015

XXXV Aniversario del Tribunal Constitucional

CONSULTAR TARIFAS

XXXV Aniversario del Tribunal Constitucional

HISTORIA

EFEMÉRIDE
O Tribunal Constitucional foi creado pola Lei orgánica do 3 de outubro de 1979. En conmemoración da efeméride, e dada a transcendencia que esta institución ten no Estado español, emítese unha folla bloque dedicada ao XXXV Aniversario do Tribunal Constitucional.
O organismo, ao que a súa lei reguladora define como "intérprete supremo da Constitución Española", é independente dos demais órganos constitucionais do Estado e está sometido só á Constitución e á súa Lei orgánica. É único na súa orde e estende a súa xurisdición a todo o territorio nacional. Ten encomendadas as funcións máis importantes relacionadas co control da constitucionalidade das leis, a tutela dos dereitos fundamentais e liberdades públicas dos cidadáns previstos na Constitución e a solución dos conflitos de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas, entre outros relevantes asuntos.
Está formado por doce membros nomeados polo rei mediante Real decreto. Destes, catro son propostos polo Congreso dos deputados, catro polo Senado, dous polo Goberno e dous polo Consello Xeral do Poder Xudicial. A designación para o cargo faise por nove anos e recae en cidadáns españois que sexan maxistrados ou fiscais, profesores de universidade, funcionarios públicos ou avogados; todos eles xuristas de recoñecida competencia que leven máis de quince anos de exercicio profesional.
O Tribunal Constitucional desenvolve unha destacada proxección no exterior e mantén relacións de amizade e cooperación con institucións homoxéneas doutros países, ademais de participar en encontros relacionados coa xustiza constitucional. Así mesmo, mantén relacións co Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
Na folla bloque reprodúcese a sede do organismo, situado na madrileña rúa Domenico Scarlatti. O edificio componse dun corpo principal de sete plantas que forma un pavillón central de planta circular e sección trapezoidal e de tres corpos menores circulares comunicados entre si.