Data de emisión: 25 abril 2016

Camino de Santiago

CONSULTAR TARIFAS

Camino de Santiago

HISTORIA

Ver también “Sobre de Primer Día” - “Matasellos”

CAMIÑO DE SANTIAGO

O día 15 de xullo de 1937 emitíronse os tres primeiros selos dedicados ao Camiño de Santiago. Estes tres selos, que tiñan como motivos o Apóstolo Santiago, a catedral e o Pórtico da Gloria respectivamente, foron imprimidos en litografía na imprenta "Hijos de Fournier" de Vitoria, co título de "Ano Xubilar Compostelán".

Dende entón, foron moitos os selos dedicados ao Camiño de Santiago e, este ano, Correos volve emitir un con este motivo. O selo presenta a imaxe da fachada principal da catedral de Santiago con algúns peregrinos que chegan a ela. Tamén, de fondo, a vexetación recorda a natureza que acompaña o Camiño. Completa a composición a vieira, que simboliza o Camiño de Santiago.

A peregrinación a pé a Santiago de Compostela é unha experiencia moi gratificante, pero tamén un reto físico e mental, a través das numerosas rutas que levan a Santiago e que durante séculos transitaron persoas de toda índole e condición: peregrinos de boa fe, por penitencia, xograres, vagabundos, aventureiros ou bandidos.

Uns, como os penitentes relixiosos, realizaban o camiño porque sentían un desexo insostible de visitar o lugar onde repousaban os restos do Apóstolo; outros camiñaban para cumprir unha promesa efectuada ao Santo se lles axudaba a resolver algunha das súas coitas. Xente que se recuperara dunha enfermidade, ou enfermos que pensaban recobrar a saúde ao chegaren ata a capital galega, percorreron os camiños con fe e devoción.

Por outra banda, estaban aqueles peregrinos que realizaban o percorrido como castigo, imposto ben pola autoridade civil ou ben pola autoridade eclesiástica, e saldaban así as súas penas.

Outros eran simplemente aventureiros que tiñan desexo de coñecer mundo, mesmo houbo moitos peregrinos que o fixeron para cumprir con cláusulas testamentarias e conseguir así unha herdanza. Hoxe en día son moitos os peregrinos e moitos os motivos que os levan ata Santiago de Compostela.