Data de emisión: 17 febreiro 2016

Coleccionismo.Zaragoza

CONSULTAR TARIFAS

Coleccionismo.Zaragoza

HISTORIA

Ver también “Sobre de Primer Día” y “Matasellos”

A 54º Exposición de Filatelia, EXFILNA, ten lugar este ano en Zaragoza. Trátase da exhibición filatélica máis importante do noso país e é organizada dende 1963 pola Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI), co patrocinio da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos.

Este ano, o Pazo de Sástago recollerá a exposición que reunirá os trescentos mellores selos da historia de Correos.

O Pazo de Sástago, cuxas obras de edificación foron encomendadas ao mestre Lope del Chacho e se desenvolveron entre os anos 1571 e 1573, está situado no Coso Alto zaragozano e destacan del a súa sobria fachada de ladrillo e o seu esvelto patio de columnas. Encargado por Artal de Alagón, conde de Sástago e vicerrei de Aragón, posteriormente se convertería na residencia de reis cando viaxaban por Aragón. Tras sufrir un incendio, o edificio pasa a ser en 1813 sede do Consello de Guerra, presidido por José de Palafox, quen residía no pazo. Máis tarde se convertería na capitanía xeral e, despois, seguindo co seu carácter militar, sería a sede da contadoría do exército e a xefatura de policía.

Pasado o ecuador do século vinte, o edificio encóntrase en moi mal estado de conservación, porén, unha plataforma cidadá que loita pola súa conservación conseguiu que en 1974 se declare patrimonio nacional. Hoxe en día pertence á Deputación de Zaragoza, que o someteu a unha intensa obra de restauración para intentar devolverlle a súa imaxe orixinal: para iso conta con planos do século XVI.

Actualmente converteuse nunha das salas de exposicións de referencia en Aragón e en tamén en España. Ten como obxectivo fomentar a arte nas súas múltiples formas de expresión e funciona como un gran foco de difusión cultural.

Na folla bloque que se emite están representadas as columnas que enmarcan o patio interior do pazo, entre elas, un debuxo con edificios significativos da cidade de Zaragoza. No selo pódense ver de novo as columnas e a claraboia do patio do pazo, así como a porta de entrada e a biblioteca, todo iso enmarcado e conformando a silueta dun escudo heráldico.