Data de emisión: 23 marzo 2016

Cuerpo de Ingenieros Industriales del Estado

CONSULTAR TARIFAS

Cuerpo de Ingenieros Industriales del Estado

HISTORIA

CORPOS DA ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO

Dentro da serie Corpos da Administración do Estado, Correos emite un selo dedicado ao Corpo de Enxeñeiros Industriais do Estado como xa fixo anteriormente co Corpo de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos ou co Corpo Superior de Administradores Civís.

O Corpo de Enxeñeiros Industriais do Estado está formado por funcionarios públicos e constituíuse mediante Real decreto en 1911. Dende entón, desenvolve as políticas industriais e enerxéticas en España.

Este Corpo, adscrito actualmente ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, foi unha peza clave no desenvolvemento e a industrialización de España. Durante os anos 60, coa política de desenvolvemento e a apertura resultantes do Plan de Estabilización, o auxe da industria española estatal levouse a cabo grazas ao Instituto Nacional de Industria; nos 70, a raíz da crise enerxética, deseñaron os Plans Enerxéticos Nacionais; durante a década dos 80, como consecuencia da adhesión ás Comunidades Europeas e para adaptarse a elas, produciuse unha reconversión industrial e a aplicación de políticas de novo enfoque; e, nos anos 90, prodúcese a liberación dos sectores enerxéticos e das telecomunicacións.

Actualmente, entre as súas tarefas máis importantes, destaca a elaboración e execución das políticas españolas en ámbitos como a industria, enerxía, telecomunicacións e sociedade da información. Tamén se ocupan de favorecer o emprendemento e a innovación, participando dende a Administración no deseño de novos paradigmas como a "Industria 4.0" ou a "Economía Circular".

O selo trata de plasmar estes últimos avances coa imaxe dun brazo robótico que se divide entre a realidade e un bosquexo deste. Sobre unha banda prateada, aparece tamén o escudo do Corpo de Enxeñeiros Industriais do Estado.