Data de emisión: 01 xullo 2016

Efemérides. 80 Aniversario del Parque Móvil del Estado

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. 80 Aniversario del Parque Móvil del Estado

HISTORIA

EFEMÉRIDES. 80 ANIVERSARIO DO PARQUE MÓBIL DO ESTADO

En 2015 celebrouse o 80 aniversario da creación do Parque Móbil do Estado.
O Parque Móbil do Estado (PME) encárgase de conservar e manter o patrimonio automobilístico do país. Dependente do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, é alí onde se custodian e tamén onde son reparados a maioría dos coches oficiais de España. Está situado nun magnífico edifico na rúa Cea Bermúdez.
Neste lugar permanecen os coches clásicos que no seu día formaron parte do parque móbil do Estado coa misión de levar os altos dignitarios, tanto do Goberno español coma doutros países nas súas visitas oficiais. Tamén hai ambulancias, motocicletas, camións e, por suposto, os coches oficiais usados hoxe en día que prestan diferentes servizos específicos como: servizos de representación aos altos cargos da Administración do Estado, organismos públicos, entidades de Dereito público ou vinculados aos órganos constitucionais do Estado; servizos xerais ou ordinarios que demanden os departamentos ministeriais e resto de organismos públicos da Administración do Estado.
En 2015 realizouse unha exposición onde se puido contemplar unha gran mostra de vehículos históricos, así como ferramentas e utensilios relacionados co seu mantemento.
Na devandita exposición mostrouse por primeira vez un gran mural que pintou Germán Calvo en 1951 que se titula "Os oficios do automóbil". Trátase dunha réplica dos célebres murais industriais que Diego Rivera pintara nos anos trinta nas factorías automobilísticas de Ford e General Motors na cidade norteamericana de Detroit.
O selo que conmemora os 80 anos da creación do Parque Móbil do Estado mostra un vehículo da época, así como unha imaxe do interior do impresionante edificio que alberga esta institución. Completa a imaxe o logo que conmemora os 80 anos e as datas que o enmarcan: 1935-2015.