Data de emisión: 10 marzo 2016

Museos. MNCN, MACBA e IVAM

CONSULTAR TARIFAS

Museos. MNCN, MACBA e IVAM

HISTORIA

MUSEOS

Como en anos anteriores, Correos emite a serie Museos coa finalidade de difundir os museos e coleccións máis importantes do país. Os selos preséntanse en Prego Premium e mostra imaxes dos edificios e dalgunha das obras máis representativas.

O Museo de Ciencias Naturais remóntase ao ano 1771 cando Carlos III fundou o Real Gabinete de Historia Natural. Tras ocupar distintas localizacións, en 1910 quedaría instalado no antigo Pazo da Industria e das Artes, onde continúa na actualidade. En 1913 comezou a denominarse Museo Nacional de Ciencias Naturais. O museo conta con máis de seis millóns de pezas, cuxa exposición permanente se divide en tres apartados: Historia natural, Mar Mediterráneo e unha última sección que reproduce como era o antigo Real Gabinete de Historia Natural.

O MACBA, Museu d'Art Contemporani de Barcelona, nace en 1995 e hoxe en día é recoñecido internacionalmente como modelo de arte contemporánea. O edificio do museo é obra do arquitecto Richard Meier e está concibido como unha articulación de varios prismas. A colección viaxa dende a abstracción matérica dos anos 50 ata o pop europeo, as vangardas dos anos 60 e 70 ou a figuración fotográfica, reunindo artistas de todo o mundo.

O Institut Valencià d'Art Modern créase en 1986 co obxectivo de coñecer, fomentar e difundir a arte moderna e contemporánea. Está situado no Centre Julio González en cuxos sotos se conservan os restos da antiga fortificación medieval da cidade. A colección permanente conta cun patrimonio artístico moi importante, con pezas que van dende as vangardas históricas da primeira metade do século XX, ata a segunda metade deste século. Unhas das coleccións máis importantes é a de Julio González, cuxa escultura Muller ante o espello, protagoniza a imaxe deste selo