Data de emisión: 04 novembro 2016

Navidad. Árbol de Navidad-coleccionable.Campanitas

CONSULTAR TARIFAS

Navidad. Árbol de Navidad-coleccionable.Campanitas

HISTORIA

NADAL 2016

O selo protagonista de Tarifa A, da emisión do Nadal moderna ou laica, está protagonizado por unha campá típica da decoración do Nadal.

Esta campá forma parte dun conxunto de tres selos que se emitirán entre 2016 e 2018, e que se poderán colocar nunha Tarxeta Coleccionable de Nadal, con forma de árbore que se poderá decorar coas figuras protagonistas dos tres selos:

-Campá: 2016

- Estrela: 2017

- Agasallo: 2018

Todas elas levan un cuño interno que permite siluetear a figura do adorno para que cada un cree a súa propia árbore de Nadal, ou ben, poderán manter o selo co formato normal se non despegan a silueta.

Esta emisión está especialmente dedicada aos nenos, xa que a inocencia e ilusión coa que se prepara o Nadal, ten os cativos da casa como protagonistas.