Data de emisión: 04 novembro 2016

Navidad. La Virgen María

CONSULTAR TARIFAS

Navidad. La Virgen María

HISTORIA

NADAL 2016

A emisión de Nadal de 2016, con Tarifa B, clásica ou relixiosa, está dedicada este ano á Virxe María. Este selo continúa a colección que se iniciou o ano pasado co selo do Neno Xesús. Ao igual que este, a silueta da Virxe aparece acuñada e é autoadhesiva, podendo engadirse á Tarxeta Coleccionable de Nadal 2015-2017, que se completará o próximo ano coa figura de San Xosé. Se a silueta da Virxe non se desprende, mantense como un selo con formato normal.

Correos pretenden unir a bonita tradición do Nadal de "montar o belén" coa Filatelia, e conseguir así unha lembranza única para toda a vida.

As imaxes que forman este belén, corresponden ao Belén Napolitano de Santo Domingo da Calzada.

O selo que se emite representa a figura da Virxe María que protagoniza este belén en posición de agradecemento. A súa pel branca vai en consonancia cos tons pasteis dos seus vestidos, que completan a imaxe anxelical coa que se adoita representar a nai do Neno Xesús.