Data de emisión: 21 marzo 2016

Pueblos con encanto

CONSULTAR TARIFAS

Pueblos con encanto

HISTORIA

VILAS CON ENCANTO

Correos emite por primeira vez esta serie para resaltar a variedade de vilas con encanto que hai en España e difundir así o patrimonio xeográfico do país.

Trátase de catro selos autoadhesivos que simulan as tiras das tarxetas postais antigas, pregadas en formato fol, onde o reverso do selo tamén está imprimido coma se fose un reverso de tarxeta.

As vilas elixidas para esta primeira emisión son: Albarracín, Alcalá del Júcar, La Alberca e Santillana del Mar, en series sucesivas sairán outras que, ao igual que estas, están consideradas como as vilas con máis encanto de España

Albarracín é unha vila medieval que pertence á provincia de Teruel, situada nun outeiro dos Montes Universais. O seu encanto radica sobre todo no trazado das súas rúas, que se adapta perfectamente á complicada orografía do terreo. Son moi característicos dos seus edificios os muros irregulares de cor avermellada e as estruturas de madeira.

Na provincia de Albacete encóntrase a vila de Alcalá del Júcar. Nela pódese apreciar o castelo datado aproximadamente no século XII, ou a igrexa parroquial coa súa bóveda gótica tardía. A ponte romana, baixo a cal pasa o río Xúquer que dá nome á poboación, foi paso obrigado do Camiño Real de Castela a Levante e chegou a ser un porto seco ou alfándega.

Pola súa banda, La Alberca, en Salamanca, ofrece unha arquitectura medieval con rúas empedradas, fachadas encaladas con tramado de madeiras e balcóns floridos. Foi o primeiro municipio español declarado Monumento Histórico-Artístico en España.

A localidade cántabra de Santillana del Mar posúe un patrimonio arquitectónico extraordinario. Conta con edificios relixiosos de gran valor, como a colexiata de Santa Xuliana, que nun principio foi un mosteiro onde se depositaron as reliquias da Santa. Arredor do devandito mosteiro desenvolveuse a vila, que está repleta de edificacións cun alto valor histórico de carácter medieval e renacentista.