Data de emisión: 20 xaneiro 2016

Toledo, Capital Española de la Gastronomía 2016

CONSULTAR TARIFAS

Toledo, Capital Española de la Gastronomía 2016

HISTORIA

Ver también “Sobre de Primer Día” y “Matasellos”

GASTRONOMÍA ESPAÑOLA

Toledo foi elixida Capital Española da Gastronomía durante o ano 2016, ano no que, ademais, se conmemora o 30 aniversario da súa declaración como Cidade Patrimonio da Humanidade e o 400 aniversario da morte de Cervantes.

A elección de Capital da Gastronomía baseouse, sobre todo, na creativa combinación entre patrimonio, cultura e gastronomía, a cal está repleta de receitas, mestura e herdanza das tres culturas que conviviron durante séculos: a xudía, a cristiá e a musulmá.

A cociña da capital imperial xa foi gabada historicamente polos máis grandes literatos, como Cervantes ou Pérez Galdós, mesmo por autores estranxeiros como Alejandro Dumas ou Theophile Gautier. Foi en Toledo tamén onde se publicou o primeiro tratado de cociña en lingua castelá, Libro de guisados, de Ruperto Nola, no ano 1529.

A súa cociña nútrese de produtos sinxelos e humildes, que dan lugar a receitas como o pucheiro, as gachas, as migas ou o pote. Entre os seus pratos típicos encóntrase a caza, tanto en guisos coma en escabeches. Conta cunha gran tradición vinícola merecedora de tres denominacións de orixe, como son: A Mancha, Méntrida e Uclés.

Un dos produtos da Mancha mundialmente coñecido é o queixo manchego, elaborado con leite de ovella autóctona da comunidade e moi presente nos menús toledanos.

Toledo presume, ademais, de ser berce de grandes cociñeiros que locen nos seus restaurantes as estrelas Michelín e que elaboran unha cociña moderna que se reinventa a partir da tradición, os produtos locais e un patrimonio único.

A emisión actual recolle a imaxe do mazapán, doce típico toledano moi apreciado no Nadal, que conta con indicación xeográfica protexida e se elabora dende o século VIII. Os seus ingredientes principais son o azucre e a améndoa, marcona ou largueta.

:p>

:normal'>marque espagnole dans les domaines de l'art, de la gastronomie, des coutumes et des traditions qui peuvent attirer les touristes du monde entier, contribuant ainsi à diffuser les meilleurs aspects du pays.

L'émission actuelle présente deux timbres illustrés par le tourisme balnéaire et montagnard. Le premier évoque le tourisme balnéaire avec la mer, un voilier et un parasol. L'art et la culture sont symbolisés par une colonne, un livre et un pinceau. L'image est complétée par un verre à pied symbolisant le vin espagnol.

Le deuxième timbre reflète le tourisme intérieur avec une image de montagne sur les rives d'un lac. Le tourisme d'aventure y est également présent avec un parapente et les sports de montagne sont symbolisés par la randonnée et la bicyclette. Le tourisme rural, en plein essor ces dernières années, est quant à lui symbolisé par une façade en pierre et une marmite en terre cuite, cette dernière reflétant la gastronomie.