Data de emisión: 02 xaneiro 2016

Turismo

CONSULTAR TARIFAS

Turismo

HISTORIA

Ver también turismo montaña “Sobre de Primer Día” y “Matasellos”

Turismo mar "Sobre de Primer Día" y “Matasellos”

TURISMO

O sector turístico en España supón un dos motores máis importantes para o desenvolvemento económico do país, que se converteu nun dos destinos preferidos polos turistas estranxeiros e tamén nacionais. Grazas ao clima, á gastronomía, á ampla oferta cultural e ás excelentes infraestruturas, o turismo crece en España de forma imparable.

Por todo iso, a filatelia contribúe dalgún xeito a difundir o turismo de España coa emisión de selos dedicados a este tema. Os motivos filatélicos proporcionan unha importante información sobre os países que os emiten e poden espertar o desexo por coñecer aquilo que representan, non só entre os coleccionistas, senón entre o público en xeral.

A mediados dos anos 60 comézase a emitir unha serie turística que resalta sobre todo paisaxes e monumentos do territorio español. Anos máis tarde, o turismo segue presente nos selos con distintas emisións, que tratan temas como os castelos e os Paradores Nacionais.

Dende 2010, Correos pon en circulación unha serie titulada Turismo, que acentúa sobre todo a Marca España na arte, a gastronomía, costumes e tradicións que poden atraer persoas de todo o mundo, o que axuda a difundir o mellor do país.

A emisión actual presenta dous selos onde se destaca o turismo de mar e o de montaña. O primeiro deles evoca o turismo de costa co mar, o veleiro e a antuca. A arte e a cultura aparecen simbolizadas na columna, o libro e o pincel. Complétase a imaxe cunha copa que representa o viño español.

O segundo selo reflicte o turismo de interior coa imaxe da serra á beira dun lago. Trata a idea do turismo de aventura cun parapente e deportes de montaña como o sendeirismo e a bicicleta. O turismo rural, tan en auxe nos últimos tempos, queda reflectido na fachada de pedra e a pota de barro que recorda a gastronomía de interior.