Data de emisión: 07 outubro 2016

VEHÍCULOS DE ÉPOCA. COCHES CAMPEONES. Carlos Sáinz

CONSULTAR TARIFAS

VEHÍCULOS DE ÉPOCA. COCHES CAMPEONES. Carlos Sáinz

HISTORIA

VEHÍCULOS DE ÉPOCA. CARLOS SAINZ.

Unha nova folla bloque protagoniza un anos máis a serie Vehículos de época, esta vez dedicada a Carlos Sainz e o seu Toyota Celica.
O selo presenta a imaxe do coche que en 1990 lle fixo campión do mundo de Rallys e campión de Asia- Pacífico de Rallys, así como en 1991 subcampión do mundo e un ano despois, de novo gañador da competición mundial.
A folla bloque recolle a imaxe do piloto nunha das súas moitas celebracións e presenta como peculiaridade a pegada dun pneumático.
Carlos Sainz nace en Madrid en 1962. Cursa dous anos de Dereito, carreira que abandona para dedicarse á pilotaxe profesional de coches de carreiras.
Nada máis cumprir os 18 anos participa na súa primeira carreira de rallys, o Rally Shalymar co Renault 5 que lle comprara o seu pai e que adaptou para poder participar xunto con Juanjo Lacalle.
A partir de entón foron moitas as carreiras onde participou e pouco a pouco foise facendo un sitio e un nome no mundo da competición.
Foi o único español que gañou o Campionato do Mundo de Rallys, facéndoo ademais en dúas ocasións.
Está considerado como o mellor piloto español de rally da historia, sempre gozando dunha boa condición física e unha gran deportividade.
É coñecido o seu talento para evolucionar os coches e facer deles ferramentas competitivas que lle axudan a conseguir grandes éxitos.
Tras a súa retirada do mundial, animouse a participar no Rally Dakar dende o ano 2006 ata a última edición este mesmo ano. No ano 2010 proclamouse campión da carreira con Volkswagen.
O mítico coche co que gañou os dous mundiais, o Toyota Celica, converteuse en toda unha lenda polos logros conseguidos polo piloto español, sendo hoxe en día un dos máis buscados para os coleccionistas de vehículos deste tipo.