Data de emisión: 03 abril 2017

12 meses, 12 sellos. Barcelona

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos. Barcelona

HISTORIA

12 MESES. 12 SELOS. BARCELONA.

Seguindo coa serie inaugurada por Correos este ano, 12 meses, 12 selos, este mes a emisión está dedicada á provincia de Barcelona. O mes de abril, mes da primavera, de renacer, é un dos meses máis importantes para esta provincia, xa que se celebra o seu día grande, Sant Jordi ou día de san Xurxo, que conmemora a morte deste santo o 23 de abril do ano 303. En 1995 a UNESCO proclamou o 23 de abril como Día Mundial do Libro. Ese día, polo tanto, a tradición popular xunta as dúas conmemoracións, co intercambio de rosas vermellas polo santo e un libro pola data sinalada.

Por iso, no selo aparece un libro aberto coa inscrición “Sant Jordi”, xunto a unha rosa vermella.

Sobre o libro repousa unha letra B que, seguindo a liña dos selos emitidos anteriormente nesta serie, representa á provincia mediante as antigas letras de matriculación de vehículos.

A letra está decorada co dragón do Parque Güell, que se converteu en emblema do parque, e que serve para representar o estilo do gran Gaudí e o “trencadís”, un tipo de aplicación ornamental do mosaico a partir de fragmentos cerámicos.

Xunto ao dragón, pódese ver unha das sobremesas máis internacionais do lugar, a crema catalá, elaborada con xema de ovo, azucre, fariña e leite con canela e pel de limón, que, unha vez callada, se queima por enriba e crea unha codia moi fina.

Xunto á crema catalá, aparece o mítico Hotel W, coñecido como hotel vela, deseñado polo arquitecto Ricardo Bofill que alcanza os 99 metros de altura e que forma parte da postal que conforma a imaxe costeira da cidade de Barcelona.

A franxa inferior do selo é de amarela e fai alusión á cor da bandeira da provincia.

Este selo será utilizado como único tipo de franqueo para todos os envíos que se admitan nas oficinas da devandita provincia.

Carmen Álvarez Casanova