Data de emisión: 02 xaneiro 2017

12 meses 12 sellos. Guadalajara

CONSULTAR TARIFAS

12 meses 12 sellos. Guadalajara

HISTORIA

GUADALAXARA


Este ano 2017, inaugúrase unha nova serie filatélica onde as provincias españolas serán protagonistas dos selos. 12 meses, 12 selos, 12 provincias. Cada mes, unha provincia española será a protagonista do selo que se venderá na devandita provincia.
Durante este ano, as provincias elixidas son: Guadalaxara, Cádiz, Cáceres, Barcelona, Córdoba, Asturias, Tarragona, As Palmas, Santa Cruz de Tenerife, Illes Balears, Teruel e Soria.
Guadalaxara.
A primeira das provincias que protagoniza un selo desta serie é Guadalaxara. Non é a primeira vez que a capital da Alcarria aparece nos selos.
En 1963, dentro da serie Escudos das capitais de Provincia Españolas, emitiuse un selo coa imaxe do escudo da cidade. Traxes rexionais, monumentos, literatura ou tecnoloxía son algúns dos temas que foron obxecto de emisións dedicadas a este lugar.
O selo que se emite representa as antigas letras de matriculación por provincias de vehículos, deseño que seguirá o resto de selos da serie. Dentro das letras GU, pódense apreciar elementos relevantes da provincia, como o Castelo de Molina de Aragón, declarado Monumento Nacional en 1931, e que está considerado o castelo máis grande de Guadalaxara. Tamén, unha das tradicións culturais máis arraigadas da provincia, as botargas, aparece representada cunha das súas típicas máscaras. Os vermellos e marróns do Hayedo de Tejera Negra, un dos maiores tesouros da biodiversidade de Castela-A Mancha, con exemplares de máis de 300 anos. Como non, o mel da Alcarria, un mel de exquisita sutileza e cun aroma inconfundible que recorda as flores silvestres das que provén. Por último, tamén se pode ver no selo a maxestosa pose do voitre leonado, de abundante presenza no Alto Texo e nos ríos Dulce e Salado.
A franxa inferior do selo, onde aparece o nome da provincia, é de cor morada en alusión á bandeira da provincia.