Data de emisión: 01 setembro 2017

12 meses, 12 sellos. Illes Balears

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos. Illes Balears

HISTORIA

12 MESES, 12 SELOS. ILLES BALEARS.

Este mes, seguindo coa serie de 12 meses, 12 selos, Correos lanza unha nova emisión, esta vez, dedicada a Illes Balears. Durante este tempo, este selo será utilizado como único tipo de franqueo para todos os envíos que se admitan nas oficinas da devandita provincia.

O selo de Illes Balears, segue a liña dos anteriores e está representado polas letras IB, en alusión ás antigas matrículas de vehículos de España.

Dentro das letras, aparece unha montaxe cos elementos máis significativos desta terra.

A illa de Ibiza é unha das máis coñecidas en todo o mundo, pola beleza das súas calas, as súas augas cristalinas e, tamén, polas festas e os clubs que máis fama internacional obtiveron. Salas como Space, Pachá, Privilege ou Amnesia, reúnen cada ano a millóns de afeccionados á música dance, e a moitos turistas encantados coa súa vida nocturna. Pero Ibiza tamén é tradición, cultura, gastronomía, mercados e demais encantos que a converten nun lugar moi desexado.

A lagarta balear, é unha especie de réptil escamoso que adoitaba habitar na illa de Mallorca, Menorca e outros pequenos illotes de arredor. Debido á presenza do home, desapareceu das illas maiores pero segue vivindo nas máis pequenas. Son animais omnívoros que adoitan buscar o sol enriba dos arbustos e que se alimentan de insectos, pequenos invertebrados e tamén, dalgúns animais mortos como ratas ou gaivotas. É un dos símbolos do arquipélago balear.

A Cala de Mondragó é unha das máis bonitas de Mallorca. Está situada no Parque Natural do mesmo nome. Chama a atención o seu ámbito, a paisaxe e, tamén que é unha das menos concorridas da illa, polo que é moi atractiva pola súa paz e tranquilidade.

A famosa ensaimada, é un dos produtos máis típicos do lugar, elaborada con fariña, auga, azucre e ovo, fíxose un lugar dentro da gastronomía do noso país.

A cor amarela da franxa inferior recorda a bandeira da provincia.