Data de emisión: 01 xuño 2017

12 meses, 12 sellos.Tarragona

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos.Tarragona

HISTORIA

12 MESES, 12 SELOS. TARRAGONA.

Un novo selo pasa a formar parte da serie estreada por Correos este ano 2017, 12 meses, 12 selos, onde as protagonistas absolutas son as provincias españolas, cuxo selo se utilizará como único tipo de franqueo para todos os envíos que se admitan nas oficinas da devandita provincia durante o mes no que sexa emitido. Neste caso, o selo está dedicado a Tarragona. Seguindo a liña desta serie, o selo está representado pola letra T, que representa as antigas matrículas de vehículos en España.
Nesta letra, aparecen algúns dos elementos máis significativos da provincia:
Carquiñois, en catalán carquinyolis ou carquinyols, unha especie de pastas secas realizadas coa técnica da tosta, que produce un pan torrado doce con améndoas moi típicas de Cataluña. Para elaboralos necesítase fariña, azucre améndoas enteiras e ovo.
Castell, as famosas torres humanas de varios pisos de altura que se veñen construíndo tradicionalmente no Campo de Tarragona, dende hai máis de douscentos anos. Foron declaradas Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola Unesco.
A abelá de Reus supón o 95% do comercio de abelás da península. A devandita abelá obtivo o recoñecemento como D.O. Abelá de Reus en 1997.
Anfiteatro de Tarraco, edificio do século II, situado preto do mar nun espazo que fora unha área funeraria. As bancadas escavadas na rocha tiñan capacidade para uns 14.000 espectadores e, no seu interior, tiñan lugar as míticas loitas de gladiadores con feras e tamén as execucións públicas. É unha das localizacións do lugar Patrimonio da Humanidade chamado «Conxunto arqueolóxico de Tarraco».
No fondo do selo aparece unha imaxe da Praia Longa, situada en Salou: é unha praia de 600 metros de lonxitude de area fina. Está rodeada de bosque e conta cun paseo marítimo axardinado de plantas mediterráneas e abundantes flores.
A franxa inferior, de cor vermella, recorda a bandeira da provincia.