Data de emisión: 02 outubro 2017

12 meses, 12 sellos. Teruel

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos. Teruel

HISTORIA

12 MESES, 12 SELOS, 12 PROVINCIAS. TERUEL.
Teruel únese ás provincias que este ano protagonizan a nova serie que Correos estreou este ano, 12 meses, 12 selos, 12 provincias. O selo está protagonizado polas letras TE, en alusión ás antigas letras das matrículas de coches en España. Tamén se usará como única forma de franqueo durante o mes no que se emite nesa provincia. O selo recolle os elementos máis característicos desta terra.
O “torico”. Sobre un alto pedestal en forma de columna, de pedra labrada, un pequeno touro preside a praza coñecida popularmente como “Plaza del torico”. A relación entre Teruel e o touro vén de lonxe, pois xa se encontraron antigas moedas con figuras de touro e estrelas.
Castañolas. Este instrumento musical de percusión é un símbolo do noso país xa coñecido polos fenicios hai tres mil anos. En Teruel é o típico acompañamento na xota aragonesa.
Torre de San Martín. Esta construción, exemplo do mudéxar aragonés, está catalogada dende 1986 como Patrimonio da Humanidade. Data de principios do s. XIV e imita a estrutura do minarete almohade.
Xamón de Teruel. Con Denominación de Orixe Protexida, disque é o mellor xamón do mundo de porco branco.
Suspiros de amante. É un doce típico turolense, feito con ovo, manteiga, azucre e queixo. Realízanse, sobre todo, con motivo da festa medieval polas vodas de Isabel de Segura.
Dinosauro. Na provincia de Teruel encóntrase o maior número de xacementos paleontolóxicos de Aragón. Encóntrase numerosas pegadas, así como restos do Aragosaurus, o primeiro dinosauro español, ou o Turiasaurus riodevensis, o dinosauro máis grande de Europa.
Por último, o selo recolle a imaxe da escultura aos Amantes de Teruel, protagonistas dunha lenda que narra unha grande historia de amor. A franxa inferior do selo, de cor vermella, fai alusión a unha das cores da bandeira da provincia. Tamén vemos o logotipo do 800 aniversario dos amantes de Teruel, deseñado por Carmen Porto e elixido por votación popular.