Data de emisión: 04 outubro 2017

30 Aniversario de las Becas Erasmus

CONSULTAR TARIFAS

30 Aniversario de las Becas Erasmus

HISTORIA

EFEMÉRIDES. 30 ANIVERSARIO DAS BOLSAS ERASMUS.
Durante os últimos 30 anos, uns nove millóns de persoas gozaron do programa de bolsas Erasmus.
Cada ano, moitos mozos europeos viven con ilusión esta experiencia. Durante un tempo, viven noutro país, estudan nunha universidade estranxeira e viven unha experiencia única e inesquecible.
Ademais dos países membros da Unión Europea, neste programa participan outros países de arredor, como Islandia, Liechtenstein, Noruega, Suíza, Turquía e Macedonia.
É ese tempo fóra da súa casa, do seu país e lonxe de familia e amigos, onde aprenden un novo idioma, coñecen novas culturas e moitas persoas que, dun xeito ou outro, sempre permanecerán na memoria.
En 1987 iniciouse o programa orixinal e España participou dende o primeiro momento. Durante estes 30 anos evolucionouse obtendo maiores vantaxes e beneficios.
Multiplicouse o número de beneficiarios e engadíronse novos destinos onde gozar un período de prácticas no estranxeiro e realizar proxectos de cooperación conxuntos.
Neste tempo, España facilitou a mobilidade de 625.300 estudantes de educación superior, 73.100 estudantes de formación profesional e 114.400 persoas pertencentes ao corpo de persoal docente e traballadores no ámbito da xuventude.
Hoxe, o noso país é o preferido por estudantes doutros países para realizar as súas estadías dentro do programa.
Para conmemorar este aniversario, Correos emite un Prego Premium coa cor azul Europa de fondo e un debuxo de Erasmo de Rotterdam, quen no s. XVI, cando non era habitual a mobilidade nos estudantes, el realizou estudos en Francia, Alemaña, Italia ou Inglaterra. Cada Prego Premium está formado por 12 selos.
O selo presenta unha ilustración con cinco mozos diante da bandeira da Unión Europea.

Carmen Álvarez Casanova