Data de emisión: 17 xaneiro 2017

Año Int. Turismo Sostenible para el Desarrollo

CONSULTAR TARIFAS

Año Int. Turismo Sostenible para el Desarrollo

HISTORIA

TURISMO. ANO INTERNACIONAL DO TURISMO SUSTENTABLE PARA O DESENVOLVEMENTO


Dende que estalou a crise económica mundial hai uns anos, o turismo español sufriu os vaivéns típicos da situación que se estaba a vivir.
Non obstante, 2016 foi un ano espléndido para este sector no noso país, mesmo se pode falar de que un “tsunami de turistas” visitou numerosos recantos de España e esta podería desbancar a Estados Unidos como segundo país máis visitado do mundo.
A Filatelia, a través dos selos, serve como escaparate para ensinar ao mundo as bondades do país que representa e espertar o desexo por coñecer aquilo que representa.
Dende 2010, Correos pon en circulación a serie Turismo, aínda que, dende moito antes, este foi un dos temas máis recorrentes nas emisións filatélicas.
Este ano, a serie componse de dous selos dedicados ao Ano Internacional do Turismo Sostible para o desenvolvemento.
O ano 2017 foi declarado polas Nacións Unidas como Ano Internacional do Turismo Sostible para o Desenvolvemento e, con iso, preténdese sensibilizar sobre este tema, poñendo especial interese en fomentar o crecemento económico, a inclusión social, o emprego e a redución da pobreza, o uso eficiente de recursos, a protección ambiental e o cambio climático, os valores culturais, a diversidade e o patrimonio, e, por último, a paz e a seguridade.
Os dous selos presentan unha imaxe semellante de pegadas gravadas na area e na neve respectivamente.
A imaxe dunha praia co mar ao fondo representa ese turismo de costa que, grazas ao clima do noso país, o fan moi atractivo para os turistas de todo o mundo.
A serra nevada recórdanos ese outro turismo branco, de frío, deporte e natureza.
Ambos os dous selos recollen tamén o logotipo desta celebración, que está representado por un mexacán que comeza a desfacerse e voar por esas dúas paisaxes tan apetecibles.