Data de emisión: 20 xullo 2017

Arte Contemporáneo Español. Alberto Schommer

CONSULTAR TARIFAS

Arte Contemporáneo Español. Alberto Schommer

HISTORIA

ARTE CONTEMPORÁNEA. ALBERTO SCHOMMER.

Unha nova folla bloque pasa a formar parte da serie Arte Contemporánea, que Correos leva emitindo uns anos.

Nesta ocasión, está dedicada ao fotógrafo Alberto Schommer e o selo está protagonizado por unha das súas obras tituladas Píntase de violeta.

Alberto Schommer naceu en Vitoria en 1928. O seu pai era un médico alemán cuxa afección pola fotografía fixo que o seu fillo comezase a interesarse pola arte, que converteu na súa paixón.

Comezou a súa vida artística coa pintura, pero nos anos cincuenta decidiu tomar unha cámara fotográfica e retratar a vida da súa cidade.

Trasladouse a Hamburgo para estudar fotografía. Viaxou e coñeceu cidades e xentes que lle provocaron un forte interese polo retrato fotográfico.

A mediados dos sesenta, instálase en Madrid e colabora con xornais como El País ou ABC. Tamén se converte no fotógrafo oficial do rei Xoán Carlos e pasa a ser considerado cronista visual da transición española.

Foi tamén o primeiro fotógrafo que expuxo a súa obra no Museo do Prado, todo un logro ben merecido.

Personaxes como Dalí, Felipe González ou Vicente Alexandre foron protagonistas dos seus retratos cheos de intensidade e significado.

Tamén, as escenas cotiás da súa primeira época en distintos recantos do mundo, onde reflicte formas de vida, alegría e sufrimento de persoas anónimas.

En setembro de 2015 morre vítima dun cancro, deixando un gran baleiro no mundo da arte, pero tamén un gran legado artístico. 63 libros de fotografía publicados, 20 series fotográficas e unha visión de España e do mundo que só el sabía capturar cun clic.

Correos, mediante esta emisión, pretende proseguir con ese valor que teñen os selos de divulgar, ensinar e dar a coñecer a través deles moitos aspectos significativos deste país, como, neste caso, a arte contemporánea e este artista que tan ben soubo reflectir unha época, unha vida, unha imaxe de España.