Data de emisión: 21 marzo 2017

Aviación Humanitaria

CONSULTAR TARIFAS

Aviación Humanitaria

HISTORIA

AVIACIÓN HUMANITARIA


Dende hai 50 anos, a axencia humanitaria que loita contra a fame no mundo, WFP, proporciona asistencia alimentaria de emerxencia e traballa para mellorar a nutrición naquelas zonas que máis o necesitan.
Atende a uns 80 millóns de persoas en máis de 80 países, a través do Servizo Aéreo Humanitario das Nacións Unidas, entregando a axuda, tanto material como sobre todo persoas, a lugares remotos, perigosos e de difícil acceso para outro tipo de transporte.
Tamén, se encarga de dar soporte en situacións de emerxencia, provocadas por conflitos bélicos ou catástrofes naturais, mesmo lanzando directamente as subministracións dende o aire.
É moi importante o labor que ofrecen estes avións transportando as persoas que se desprazan polo mundo para ofrecer a súa axuda neses países onde a súa presenza se fai indispensable.
O selo que Correos dedica a esta organización, mostra unha avionetasobre un terreo árido. As hélices do avión están formadas por unha mazaroca de millo e unha espiga de trigo como símbolo desa axuda tan necesaria.
Xunto á avioneta, pódense ver dous sacos co logo do Programa Mundial de Alimentos.
No selo tamén aparece unha estampación en tinta vermella que recolle o texto “Aviación Humanitaria”.
Durante os días 19 e 21 de outubro de 2016, celebrouse en Madrid o GHAC, Congreso que reuniu a unha gran cantidade de provedores de servizos aéreos de todo o mundo xuntos con profesionais da asistencia humanitaria. España foi elixida para este evento, xa que nos últimos anos, miles de españois estiveron involucrados na Acción Humanitaria e, desta forma, hónrase o traballo, a dedicación e o compromiso cara a aquelas persoas que sofren arredor do mundo.
Este selo é unha homenaxe ao encomiable labor que realizan, grazas a eles, a situación do mundo é un pouco menos complicada.