Data de emisión: 20 outubro 2017

Centenario Plaza de Toros de Albacete (1917-2017)

CONSULTAR TARIFAS

Centenario Plaza de Toros de Albacete (1917-2017)

HISTORIA

EFEMÉRIDES. CENTENARIO DA PRAZA DE TOUROS DE ALBACETE.
Emítese un novo selo, dentro da serie Efemérides, que conmemora o centenario de “La Chata”, como popularmente se coñece á praza de touros de Albacete.
Con motivo da Feira de 1917, o nove de setembro, inaugurouse esta praza con touros da gandería de Fernando Villalón, lidados por Rodolfo Gaona, José Gómez Gallito e Saleri II.
De clara influencia mudéxar e cunha porta principal formada por un arco en forma de ferradura, está construída con pedra de Novelda.
Albacete é terra de toureiros que, como Chicuelo ou Dámaso González, foron homenaxeados con senllos monumentos xunto á porta grande da praza. Esta monumental praza, ademais de acoller grandes festexos, posúe un grande atractivo turístico.
No mes de setembro, durante as festas grandes de Albacete, celébrase tamén a Feira Taurina, onde se dan cita ás máis importantes figuras do toureo contemporáneo, ao igual que no seu día o fixeron as grandes glorias doutras épocas.
Ademais destes acontecementos, a praza acolle tamén outros eventos, como a Corrida de Asprona, onde moitos matadores se unen para tourear en beneficio da Asociación para a atención a Persoas con Discapacidade Intelectual e as súas familias da provincia de Albacete.
Tamén, o festival taurino do Cotolengo ten lugar nesta praza para axudar á Institución Benéfica Sagrado Corazón da propia cidade.
Como moitas outras prazas do noso país, e sen perder nin un ápice a súa esencia, este ‘coso’ manchego é escenario doutro tipo de espectáculos, como concertos e festivais.
O selo está protagonizado por unha composición que une dúas imaxes de “La Chata”: por unha banda, unha fotografía real desta na actualidade e, xunto a ela, representando a outra parte da praza, unha pintura que, ademais da fachada, mostra personaxes dunha época pasada. Pasado e presente únense para celebrar este primeiro centenario.