Data de emisión: 15 setembro 2017

Efemérides. 100 años nacimiento Camilo J. Cela

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. 100 años nacimiento Camilo J. Cela

HISTORIA

EFEMÉRIDES. CENTENARIO NACEMENTO CELA.

No 2016, Camilo José Cela tería cumprido 100 anos. Por este motivo Correos emite un novo selo, dedicado a este home de letras que tanto achegou á Literatura Universal.

O 11 de maio de 1916 nacía en Iria Flavia, provincia de A Coruña, o primeiro fillo do matrimonio Cela Trulock que foi bautizado cos nomes de Camilo José Manuel Juan Ramón Francisco de Jerónimo.

Trasladouse coa súa familia a Madrid e ao ser internado nun sanatorio por unha tuberculose, dedicou o seu tempo a ler a obra completa de Ortega y Gasset e a colección completa de clásicos españois de Rivadeneyra.

Comezou os estudos de Medicina, e, aínda que o mundo perdeu probablemente un gran médico, gañou un xenio das letras. Ingresou na Facultade de Filosofía e Letras e coñeceu outros escritores como Pedro Salinas, Alonso Zamora Vicente, Miguel Hernández, María Zambrano ou Max Aub entre outros.

Comezou a súa produción literaria e deixounos grandes obras como Pisando la dudosa luz del día, La familia de Pascual Duarte, Viaje a la Alcarria ou a inesquecible La Colmena, que debido á censura no noso país, foi publicada primeiro en Arxentina.

Pero Camilo José Cela non foi só escritor, como conta o seu fillo, tamén foi toureiro, actor, artista, bibliófilo, editor e mesmo carteiro honorario.

Este último título honorífico foille concedido por Correos no ano 1982, sumándose a este exclusivo “club” que comparte con outras cinco personalidades: Mariano Pardo de Figueroa, máis coñecido como Doutor Thebussem, Rafael Álvarez Sereix, Ramón Carande, Antonio Mingote e a raíña Sofía.

Camilo José Cela obtivo grandes logros e recoñecemento, obtendo os premios máis importantes que se conceden neste ámbito. No ano 1987 logrou o premio Príncipe de Asturias das Letras. Dous anos despois, recibiu o Premio Nobel de Literatura, e, tras o Premio Planeta en 1994, foille outorgado o Premio Cervantes un ano despois.

O selo que se emite, recolle unha calcografía co rostro do escritor. Inclúe a súa sinatura e algunhas das anotacións manuscritas, que adoitaba facer para as súas novelas.