Data de emisión: 06 novembro 2017

Efemérides. 25 Aniversario AVE. Madrid- Sevilla

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. 25 Aniversario AVE. Madrid- Sevilla

HISTORIA

EFEMÉRIDES. 25 Aniversario Alta Velocidade en España. Madrid-Sevilla
Pasaron 25 anos dende que a alta velocidade chegou a España. Era o ano 1992, un ano no que España irradiou no mapa do mundo por dous acontecementos que marcaron a nosa historia para engrandecela aínda máis: a EXPO de Sevilla e as Olimpíadas de Barcelona.
O 21 de abril dese ano, xusto un día despois da inauguración da Exposición Universal de Sevilla, o AVE realizaba a súa primeira viaxe oficial, despois dunha semana de viaxes inaugurais.
Madrid e Sevilla estaban máis preto ca nunca. Ese día, os viaxeiros, os maquinistas e o persoal que viaxaba dentro deses vagóns viviron con emoción e alegría desbordante un grande acontecemento para as comunicacións en España.
Tiveron que pasar máis de dez anos para que o AVE chegase a outros puntos de España.
Zaragoza, Lleida, Barcelona, Córdoba ou Málaga son algunhas das cidades ás que o AVE chegou facendo a vida máis doada e máis rápida.
Nos próximos anos, chegará a Galicia, Asturias, País Vasco, Estremadura, Castelló, Granada, Murcia e Almería, favorecendo aínda máis as comunicacións, o turismo e os negocios.
Son miles de quilómetros construídos, moitas vidas e ilusións enlazadas grazas a este tren que cada día percorre a xeografía española.
O selo que conmemora o 25 aniversario deste servizo preséntase como un despregable formado polo selo, imprimido con foil, e dúas viñetas. Cando se prega, queda diante a locomotora que protagoniza o selo e debaixo os dous vagóns representados nas viñetas.
A locomotora mostra o logotipo co que se celebran os 25 anos e os de Adif e Renfe xunto co de Correos. As cores de Renfe, branco, gris e morado, tamén están representadas.
Os vagóns que acompañan ao selo están decorados con elementos significativos das cidades polas que viaxan estes trens.