Data de emisión: 23 febreiro 2017

Efemérides. 450 Aniversario. El Camino Español

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. 450 Aniversario. El Camino Español

HISTORIA

450 ANIVERSARIO DO CAMIÑO ESPAÑOL


Este ano, con motivo da celebración do 450 aniversario da apertura do coñecido como Camiño Español, Correos emite un novo selo que recolle unha ilustración do rostro de perfil do rei Filipe II, ao que se lle considera creador desta ruta, que tiña como obxectivo levar diñeiro e tropas á guerra no Países Baixos.
No fondo do selo, aparece a imaxe difusa dun mapa antigo sobre o que se trazan cinco frechas vermellas que representan as cinco rutas principais deste camiño.
O Camiño Español é unha ruta histórica que percorreron os exércitos españois durante os séculos XVI e XVII, e que une Milán e Bruxelas co obxectivo de manter conectados os Países Baixos e o centro da monarquía hispánica.
As rutas atravesaban Estados aliados á Coroa, como Savoia e Lorena e tamén territorios que pertencían a ela.
Deste xeito intentaban protexer o Mediterráneo de ataques musulmáns e doutros posibles inimigos.
Ao longo dos anos utilizáronse varias rutas para facer ese Camiño, pero son cinco as que se poden considerar como principais:
Ruta de 1567, do duque de Alba
Ruta de 1595, do arquiduque Alberte
Ruta de 1601, da Ponte de Gressin
Ruta de 1604, de Virués
, Ruta de 1634, de Nordlingen
Foi esa primeira ruta de 1567 a que marcou un punto de inflexión na historia de Europa. O duque de Alba, xunto con 10.000 veteranos dos terzos, percorreu 1.100 quilómetros ata chegar a Bruxelas, onde levou a cabo unha das maiores fazañas loxísticas da historia militar e diplomática.
Aínda que xa se utilizara con anterioridade, esa foi a primeira vez que se facía con ese grande número de persoas marchando á vez sen xerar problemas aos paisanos, que a bautizaron como “Le Chemin des Espagnols”