Data de emisión: 01 xuño 2017

Efemérides. 70 Aniversario de UNICEF

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. 70 Aniversario de UNICEF

HISTORIA

EFEMÉRIDES. 70 ANIVERSARIO DE UNICEF.


O 11 de decembro de 1946, por decisión da Asemblea Xeral da ONU, nace a actual UNICEF co obxectivo de levar axuda humanitaria e esperanza aos nenos de todo o mundo, cuxas vidas están en risco polos conflitos, as crises, a pobreza ou a desigualdade.
Ao finalizar a Segunda Guerra Mundial, Europa quedou desolada, e os nenos, os máis vulnerables, pasaban fame e frío en moitos recantos de Europa.
UNICEF chamábase daquela Administración de Nacións Unidas para o Socorro e a Reconstrución (UNRRA), aínda que coloquialmente se lles coñecía como “os leiteiros do mundo” xa que proporcionaban leite a millóns de nenos.
Cúmprense 70 anos dende a súa creación, pero esta celebración ten un ton agridoce. Cando hai sete décadas se creou a UNRRA, os seus membros non pensaban que a súa existencia chegaría ata os nosos días, pois confiaban que esas necesidades, que eles cubrían, desaparecesen pronto.
Por desgraza, hoxe en día, os múltiples conflitos bélicos que azoutan o mundo, como o de Siria, os efectos das catástrofes naturais, como furacáns, terremotos ou inundacións, a fame, epidemias e demais vicisitudes seguen afectando dunha forma brutal, sobre todo, os habitantes máis pequenos deste planeta.
Pero tamén, por sorte, UNICEF segue existindo e converteuse na salvación para moitas das persoas que viven situacións menos favorecidas. Hoxe en día segue desempeñando un labor urxente e universal.
Malia que queda moito camiño por percorrer, non hai que esquecer que se conseguiu reducir nos últimos 25 anos máis da metade das mortes infantís por causas evitables antes dos cinco anos e, tamén, descendeu nun 40%, dende 1990, a taxa de nenos en idade escolar que non acoden ao colexio nin reciben ensino ningún.
O selo autoadhesivo que dedica Correos a esta efeméride mostra a misión de UNICEF fronte ao sufrimento infantil representada polas mans unidas de varios nenos, xunto a debuxos infantís e o logo desta institución.