Data de emisión: 27 abril 2017

Efemérides. Año Jubilar Lebaniego. Cantabria

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. Año Jubilar Lebaniego. Cantabria

HISTORIA

EFEMÉRIDES. ANO XUBILAR LEBANIEGO.

Un novo Prego Premium emítese nesta ocasión para celebrar o Ano Xubilar Lebaniego que terá lugar este 2017.

Xunto a Xerusalén, Roma, Santiago de Compostela e Caravaca de la Cruz, o mosteiro de Santo Toribio de Liébana ten o privilexio, dende hai séculos, de celebrar o ano Santo. Este privilexio foi outorgado por unha bula do papa Xulio II no ano 1512, xa que neste lugar se conserva o anaco máis grande da cruz onde Cristo foi crucificado.

Dende tempo inmemorial, era destino de numerosas peregrinacións, por iso, decidiuse outorgar o Xubileu e redimir os pecados a todo fiel que acuda a este lugar o ano en que a festividade de santo Toribio, o 16 de abril, caese en domingo.

Isto non acontece dende 2006 e, 11 anos despois, volverase abrir a Porta do Perdón para obter así a indulxencia plenaria.

É no primeiro cuarto do século XII cando se ten a primeira referencia sobre o mosteiro coa nova advocación de santo Toribio. Era de propiedade real ata que o rei castelán Afonso VIII llelo cedeu aos condes don Gómez e dona Emilia que, á súa vez, o cederon ao mosteiro burgalés de Oña.

A construción primitiva era de estilo prerrománico do tipo asturiano ou mozárabe. Xa a mediados do século XIII, constrúese a actual igrexa cuxos gastos foron sufragados polos fieis.

Ademais dos peregrinos que tiñan como final do seu camiño Liébana e visitar o Lignum Crucis no mosteiro de santo Toribio, moitos dos que tiñan como obxectivo chegar ata Santiago de Compostela facían parada obrigada na localidade cántabra anhelando os poderes de curación e milagrosos que se lle atribuían ao santo e, tamén, á venerada reliquia.

O Prego Premium ten como fondo a Porta do Perdón que se abrirá de novo este ano, xunto ao logotipo do Ano Xubilar. O selo, pola súa banda, recolle o mesmo logotipo xunto a unha imaxe do mosteiro e un primeiro plano da Cruz que alberga o Lignum Crucis.