Data de emisión: 15 setembro 2017

Efemérides. Bicentenario nacimiento José Zorilla

CONSULTAR TARIFAS

Efemérides. Bicentenario nacimiento José Zorilla

HISTORIA

EFEMÉRIDES. BICENTENARIO DE ZORRILLA.

Hai 200 anos, na cidade de Valladolid, nacía un dos xenios máis importantes da Historia da Literatura do noso país, José Maximiano Zorrilla Moral.

Vinte anos despois, un 15 de febreiro de 1837, celebrábase o funeral do tamén xenio escritor Mariano José de Larra, que se suicidara uns días antes tras un desengano amoroso. No enterro, un novo e incipiente poeta chamado José Zorrilla, leu unha sentida elexía que compuxera expresamente para esa ocasión.

Ninguén o coñecía, ninguén sabía del, pero aquel escritor con cara de neno que recitaba uns versos no medio daqueles románticos que choraban a morte do gran Larra, fixo que todos os alí presentes lle prestasen atención.

As malas linguas, de feito, dixeron que Zorrilla escribira e lera ese poema nese preciso momento e lugar, coa intención de facerse co traballo do defunto. Fose ou non así, conseguiu o emprego, e, grazas a iso, hoxe en día podemos gozar do legado da súa pluma. Dise, tamén que ese día morreu Larra e naceu Zorrilla.

O éxito chegou e con el, a cadeira I da Real Academia da Lingua española, onde ingresou o 31 de maio de 1885, lendo o seu discurso titulado Autobiografía e autorretrato poéticos.

Pero a cadeira I non foi a primeira que se lle concedeu. En 1848 foi elixido membro de número da corporación, coa cadeira H, pero nunca chegou a ler o discurso de ingreso dentro do prazo establecido, polo que seguindo o regulamento da institución, non puido continuar nela. Por sorte, case corenta anos despois, tomou posesión dunha nova cadeira cunha extraordinaria composición en verso.

Con motivo do aniversario do seu nacemento, Correos emite un selo protagonizado por un retrato do propio escritor, do que se di que non era moi afeccionado ás cámaras de retratar. Tras a imaxe do poeta, aparece unha ilustración de Dona Inés, protagonistas do seu Don Juan Tenorio, e un espadachín coa arma en alto.