Data de emisión: 05 outubro 2017

Estelas gigantes de Cantabria

CONSULTAR TARIFAS

Estelas gigantes de Cantabria

HISTORIA

PATRIMONIO ARTÍSTICO. ESTELAS XIGANTES DE CANTABRIA.

No escudo da Comunidade Autónoma de Cantabria encontramos unha figura, símbolo do culto solar dos antigos celtas que poboaron Cantabria nos séculos V e VI a. C.

Esta figura é coñecida como estela, e é frecuente vela nesta terra reproducida en multitude de obxectos, fachadas ou utensilios.

Trátase de discos de pedra de ata dous metros de diámetro que, probablemente, se usaban para sinalizar antigos santuarios ou lugares sagrados.

Máis tarde, coa chegada dos cristiáns, estes utilizáronas para construír as súas ermidas, polo que, certamente, seguirían mantendo ese carácter sacro.

De todas as encontradas en Cantabria, chaman a atención cinco delas de gran tamaño, que se encontraron no Val de Buelna.

A máis coñecida é a Estela de Barros, que é precisamente a que se reproduce no escudo de Cantabria: foi encontrada na vila de Barros e hoxe pódese ver no Parque das Estelas da localidade. Esta figura está completa e é a única, de todas as que se recuperaron, que conserva o espigón de base cravado na terra.

Dentro da serie Patrimonio Artístico, Correos emite un novo selo que se presenta nunha folla bloque cunhas características especiais.

A folla bloque mostra en primeiro plano a famosa Estela de Barros: está imprimida coa técnica en golpe seco que, a través da presión, deixa marcado o papel en relevo.

O selo recolle un detalle da imaxe que aparece no fondo da folla, que mostra algunha das estelas expostas no Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Cantabria, e leva incrustado po de pedra.

Correos segue contribuíndo á difusión do patrimonio do noso país que, en cada un dos seus recantos, esconde marabillas que teñen que ser coñecidas e recoñecidas en todo o mundo, como é o caso das Estelas xigantes de Cantabria, que, grazas a esta emisión, viaxará polo mundo a través deste selo.