Data de emisión: 09 outubro 2017

Exfilna 2017. Portugalete. Puente Metálico (Sello R.A.)

CONSULTAR TARIFAS

Exfilna 2017. Portugalete. Puente Metálico (Sello R.A.)

HISTORIA

EXFILNA. PORTUGALETE.

Este ano Portugalete será a cidade que acolla a celebración da 55º Exposición de Filatelia, EXFILNA, organizada dende 1963 pola Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI), co patrocinio da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos.

Con este motivo, Correos emite un novo selo dedicado a este importante evento. O selo preséntase nunha folla bloque despregable cun cuño que reproduce a Ponte Metálica da cidade, a Ponte de Biscaia. Por primeira vez innóvase cun selo que leva un pop up, con realidade aumentada, que recollerá a suba deste selo á estratosfera.

Os personaxes centrais que protagonizan esta emisión representan dous momentos históricos diferentes: á esquerda un home de finais do s. XIX e, á dereita, unha moza do noso tempo.

Acompañan ao selo dúas viñetas que representan o perfil da poboación de Portugalete na ría, por unha banda, os edificios decimonónicos e, por outra, edificios de décadas máis recentes.

A viñeta da dereita recolle ademais o logotipo da Asociación Filatélica de Portugalete e o escudo nobre da vila.

O fondo da folla bloque é de cor azul, en alusión á da ría.

Tamén aparece o logotipo desta edición que, ademais de recoller as datas de celebración, mostra un debuxo do famoso mareómetro de Portugalete.

A protagonista desta emisión, a ponte de Biscaia, Bizkaiko Zubia en éuscaro, une as dúas marxes da ría de Bilbao e foi inaugurada o 28 de xullo de 1893.

O deseño foi obra de Alberto Palacio Elissague e foi a primeira ponte transbordadora construída con estrutura metálica e une as localidades de Portugalete e Getxo, para facilitar así as comunicacións entre estas dúas cidades.

Esta ponte é un símbolo da Revolución Industrial de finais do século XIX. A ría de Bilbao, concretamente, viviu durante esta época un esplendor industrial cunha grande explosión económica.

EXFILNA celébrase entre os días 9 e 15 de outubro de 2017.