Data de emisión: 03 maio 2017

Historia de España. Gallego & Rey

CONSULTAR TARIFAS

Historia de España. Gallego & Rey

HISTORIA

HISTORIA DE ESPAÑA G&R


Dende o ano 2000 ata 2002, Correos emitiu dentro da serie Correspondencia Epistolar Escolar catro mini pregos dedicados á Historia de España, ilustrada por Gallego e Rey.
Estaban protagonizados por personaxes e feitos históricos relevantes españois, dende o home de Atapuerca ata os primeiros Borbóns, pasando polos Reis Católicos ou o pintor Diego de Velázquez.
Este ano emítense dúas novas follas bloque dedicadas ao século XIX e XX respectivamente. Cada un delas está formada por 12 viñetas e un selo.
Século XIX. Cada unha das viñetas está dedicada a un personaxe ou momento histórico. A batalla de Trafalgar, a guerra da independencia, a Constitución de Cádiz, Fernando VII, a Independencia americana, o reinado de Isabel II, as guerras carlistas, o ferrocarril Barcelona-Mataró, Amadeo I, a Primeira República, Afonso XII e o seu fillo Afonso XIII. O selo recolle unha ilustración onde se ven personaxes das épocas anteriores, algúns protagonistas da serie Correspondencia Epistolar Escolar, a punto de naufragar.
Século XX. Neste caso, as viñetas recordan a Xeración do 28, a perda das colonias, Ramón y Cajal, a Semana Tráxica de Barcelona, o desastre de Annual, a ditadura de Primo de Rivera, a Xeración do 27, a II República, a Revolución de Asturias, guerra civil, a ditadura de Francisco Franco e o reinado de Xoan Carlos I. O selo mostra un debuxo do rei Xoan Carlos I xogando ás sombras chinesas, cunha galla de oliveira, que simulan unha pomba da paz.
José Gallego e Julio Rey naceron en Madrid en 1955. En 1980 coñecéronse na redacción de Diario 16, onde un ano máis tarde apareceu o seu primeiro traballo asinado conxuntamente. Entre 1983 e 1989 publicaron neste xornal unha tira diaria sobre a actualidade política.
Dende entón, convertéronse nun imprescindible do humor gráfico do noso país, facendo gala dun humor satírico ben xestionado, que, malia reproducir ás veces a máis crúa realidade, conseguen debuxar un sorriso nos seus seguidores.