Data de emisión: 31 marzo 2017

Humor Gráfico. Quino

CONSULTAR TARIFAS

Humor Gráfico. Quino

HISTORIA

HUMOR GRÁFICO. QUINO.

En 2014 iniciouse esta serie dedicada ao Humor Gráfico cun selo dedicado a Forges. Nos anos posteriores seguírono outros de Peridis e Gallego y Rey.

Este ano a nova folla bloque está dedicada ao xenio Joaquín Salvador Lavado Tejón, máis coñecido como Quino.

Esta nova emisión, recolle unha serie de ilustracións de distintos personaxes de Mafalda, a súa obra máis internacional. Manolito, Felipe ou Libertad, xunto cos pais da protagonista entre outros, rodean o selo. Enriba del, unha ilustración do propio Quino, que parece mirar con orgullo o selo que se lle dedica, no que se pode ver a famosa Mafalda nunha imaxe lembrada por todos, contemplando o mundo.

Dende sempre Quino soubo que o que quería facer era debuxar. Tras comezar os seus estudos na Escola de Belas Artes, decatouse de que máis que pintar ánforas e bodegóns, o que quería facer realmente era dedicarse ao humor gráfico. E iso fixo. En 1954 publicou a súa primeira páxina no semanario Esto es de Bos Aires.

A partir de aí, os seus debuxos apareceron e aparecen en multitude de revistas e xornais de América Latina e Europa.

En 1963 publica o seu primeiro libro de humor, Mundo Quino, onde recompilaba debuxos de humor gráfico mudo.

Máis tarde, con motivo dunha campaña publicitaria crea unha serie de personaxes cuxos nomes deben empezar por M. Ao final a campaña non saíu adiante, pero entre outras cousas, serviu para crear o seu personaxe máis internacional, Mafalda.

A nena que odia a sopa e que pon en dúbida o mundo dos adultos, apareceu por primeira vez en 1964 no semanario Primera Plana de Bos Aires e máis tarde, o personaxe alcanzará a súa fama no xornal El Mundo, onde aparecerá seis veces á semana.

Despois virán libros e coleccións, ata que en 1973 deixa de debuxar este personaxe tan singular, pero segue facendo o que mellor se lle dá, crear historias cun lapis, un papel e un enxeño insuperable.