Data de emisión: 10 xullo 2017

La Generación de los 60

CONSULTAR TARIFAS

La Generación de los 60

HISTORIA

A XERACIÓN DOS 60

O pasado ano Correos iniciou unha serie dedicada ás xeracións anteriores, facendo un percorrido polos grandes feitos da recente historia da humanidade.

Os anos 60 asentaron as bases para unha nova Europa, pero, sobre todo, para unha nova España que empezaba a abrirse ao mundo, a mostrar os seus valores e os seus recursos, a súa cultura e, principalmente, a súa identidade.

Os temas elixidos entre os subscritores mediante votación para os selos desta nova folla bloque foron:

Maio do 68: as revoltas estudantís e as folgas masivas que sacudiron Francia en maio do 68 cambiaron a vida de xeracións. A xuventude universitaria desencantada coas reformas educativas, traballadores descontentos, ou o rexeitamento á guerra de Vietnam, confluíron e isto provocou encerros e manifestacións que deixaron numerosos feridos e a sensación dunha revolución que non puido ser.

Asasinato de Kennedy: John F. Kennedy, presidente dos Estados Unidos, morreu asasinado o venres 22 de novembro de 1963 en Dallas. Recibiu varios disparos mortais mentres desfilaba xunto á súa esposa no coche presidencial. Lee Harvey Oswald foi acusado do asasinato, aínda que hoxe en día se segue especulando sobre o carácter conspiratorio daquel acto.

Primeiro transplante de corazón: en 1967 o cirurxián surafricano Christian Barnard, de 44 anos, e xefe do departamento de cirurxía torácica, realizou por primeira vez un transplante de corazón humano, feito que causou sensación en todo o mundo.

Chegada do home á Lúa: o primeiro home en pisar a Lúa foi Neil Armstrong, o 20 de xullo de 1969, ante a mirada de millóns de persoas arredor de todo o mundo, que viviron este momento histórico través da televisión. Quedou a súa célebre frase: "este é un pequeno paso para o home, pero un gran salto para a humanidade".

A folla bloque que reúne os catro selos presenta un cuño cos números 6 e 0. Tamén se emitirá unha tarxeta do Correo dedicada á devandita época.