Data de emisión: 10 xullo 2017

La Generación de los 70

CONSULTAR TARIFAS

La Generación de los 70

HISTORIA

A XERACIÓN DOS 70.

Correos emite unha nova folla bloque dentro da serie Xeracións, coa que se pretende facer un percorrido polos grandes feitos da recente historia da humanidade.

Os anos 70 trouxeron unha explosión de cor, grandes cambios a ámbito mundial e novos e fascinantes avances, sobre todo, no plano tecnolóxico.

Son moitos os grandes acontecementos que se levaron a cabo nesa década, pero estes son os temas elixidos entre os subscritores mediante votación para os selos desta nova folla bloque:

Descubrimento da fibra óptica: en 1970, catro investigadores que traballaban na empresa Corning Glass fabricaron a primeira fibra óptica. Fixérono aplicando restos de titanio en sílice. Pouco a pouco foron mellorando a técnica e, o 22 de abril de 1977, General Telephone and Electronics enviou a primeira transmisión telefónica a través de fibra óptica en California.

Monarquía española: en 1975 morre Francisco Franco e iníciase en España unha intensa transición política. Ese mesmo ano, Xoán Carlos de Borbón é proclamado rei e, dous anos máis tarde, o 15 de xuño de 1977, tiveron lugar as primeiras eleccións dende a Guerra Civil. A coalición Unión de Centro Democrático (UCD), liderada por Adolfo Suárez, foi a máis votada.

Xoán Pablo II: en agosto de 1978 foi nomeado papa Xoán Pablo I, que, tan só 33 días despois de ocupar o seu posto, morreu de forma repentina. Tras a súa morte chegou Xoán Pablo II, primeiro papa polaco, e o primeiro non italiano despois de case 5 séculos.

Invento da xiringa desbotable: algúns grandes inventos chegaron para quedarse e facer a vida moito máis doada, como, por exemplo, a xiringa desbotable, que apareceu en 1973 da man do español Manuel Jalón Corominas, tamén inventor da fregona.

A folla bloque que reúne os catro selos presenta un cuño cos números 7 e 0 cun florido estampado que nos recorda aquela época. Tamén se emitirá unha tarxeta do Correo dedicada á devandita época.