Data de emisión: 14 setembro 2017

Maravillas del mundo moderno. Machu Pichu

CONSULTAR TARIFAS

Maravillas del mundo moderno. Machu Pichu

HISTORIA

MARABILLAS DO MUNDO MODERNO. MACHU PICCHU.

Por terceiro ano consecutivo, Correos emite un Prego Premium sobre as Marabillas do Mundo Moderno. En anos anteriores, os protagonistas deses pregos foron Chichén Itzá, a Muralla Chinesa, o Cristo Redentor e Taj Mahal.

Este ano, Correos viaxa ao outro lado do Atlántico, concretamente a Perú, onde se atopa outra destas marabillas, Machu Picchu.

Foi o 24 de xullo de 1911, cando o explorador norteamericano Hiram Bingham, localizou as ruínas de Machu Picchu. Os restos dunha cidade inca, entre os macizos andinos ao sur do país, abríanse e amosaban os vestixios dunha antiga civilización, que comezou a construírse a mediados do século XV aproximadamente, en tempos de Pachacuti, o primeiro soberano do Tauhantinsuyu. Crese, que durante cen anos foi residencia de descanso do emperador e tamén, centro político, relixioso ou administrativo.

Atopáronse rastros de que puido ser á vez, un lugar para a iniciación de rituais incas, un lugar sagrado.

A antiga cidade inca segue sendo obxecto de investigacións e descubrimentos. Un deles foi o que fixo no ano 2010 David Crespy. Nunha visita ás ruínas, descubriu o que parecía un van dunha porta tapiada. Tras numerosas investigacións sobre este achado, localizado a uns 20 metros da entrada principal de Machu Picchu, deduciuse que se podía tratar da tumba do propio Pachacuti, o fundador da cidade. Tras anos de loitas burocráticas, no 2012 conseguiuse o permiso para a explotación e, con axuda de xeoradares, púidose detectar o subsolo, repleto de cavidades que podían ser tumbas e unha gran cámara rectangular. Todas as pistas fan pensar que aí repousan os restos Pachacuti, e con el, probablemente numerosos tesouros, pero a día de hoxe non se puideron realizar as escavacións para acceder ao interior. Mentres tanto, miles de turistas visitan cada día este lugar máxico cheo de beleza e misterio.

O selo amosa a bandeira de Perú xunto a unha fermosa imaxe das ruínas de Machu Picchu.