Data de emisión: 27 marzo 2017

Museos: Cartagena - Málaga - La Rioja

CONSULTAR TARIFAS

Museos: Cartagena - Málaga - La Rioja

HISTORIA

MUSEOS

España é un país que pode presumir de arte e cultura e pode estar orgullosa dos magníficos museos que custodian esa arte por toda a xeografía española.

Un ano máis, Correos contribúe á difusión destes edificios que gardan no seu interior pezas de valor incalculables e das temáticas máis distintas.

O Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática de Cartaxena, o Centre Pompidou de Málaga, o Museo da Rioxa, son protagonistas cada un deles de tres novos selos, que forman tres novos Pregos Premium, un para cada un dos museos. Cada Prego contén 12 selos.

Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática de Cartaxena: creouse no ano 1980 co fin de coordinar e dirixir os estudos e tratamentos dos materiais de procedencia submarina. O 26 de novembro de 2008 inaugurouse a nova sede do Museo, obra do prestixioso arquitecto Guillermo Vázquez Consuegra no peirao de Alfonso XII da cidade de Cartaxena. Conserva materiais arqueolóxicos relacionados co tráfico marítimo no Mediterráneo, dende a época fenicia, a través do mundo púnico, helenístico e romano.

Centre Pompidou de Málaga: nos últimos anos a cidade de Málaga converteuse nunha das capitais culturais e artísticas máis importantes de España. Proba diso é o crecemento do número de museos na cidade. Un dos últimos en desembarcar na capital da Costa do Sol é o Centre Pompidou, que se converteu na primeira sucursal estranxeira do coloso parisiense. A súa colección permanente aborda cinco temas: as metamorfoses, o corpo en anacos, o corpo político, autorretratos e o home sen rostro. Tanto o selo coma o Prego Premium ilústranse coa obra de Daniel Buren Incubé.

Museo da Rioxa: O museo da Rioxa está situado, dende 1971, no palacio de Espartero de Logroño e nel, expóñense pinturas e esculturas dos séculos XII ao XIX, aínda que tamén hai unha sección dedicada á etnografía e outra á arte contemporánea. Alí, encóntranse as táboas de San Millán, do século XIV. O selo mostra unha imaxe dunha das salas do Museo dedicada ao Renacemento.