Data de emisión: 08 novembro 2017

Navidad. Estrella y San José

CONSULTAR TARIFAS

Navidad. Estrella y San José

HISTORIA

NADAL. SAN XOSÉ. ESTRELA.


A emisión de Nadal, clásica ou relixiosa, está dedicada este ano a san Xosé. Este selo continúa a colección que se iniciou en 2015 co selo do Neno Xesús, seguiu o ano pasado coa figura da Virxe María e finaliza con este selo que protagoniza a figura de san Xosé, pertencente ao Belén Napolitano de Santo Domingo de la Calzada.
Ao igual que os anteriores, a silueta de san Xosé preséntase acuñada e é autoadhesiva, ademais pode engadirse á Tarxeta Coleccionable de Nadal 2015-2017. Se a silueta non se desprende, mantense como un selo con formato normal.
Dende hai dous anos, Correos quere unir a Filatelia coa tradición de “montar o Belén”, un acto que segue reunindo as familias cando chegan estas datas tan entrañables.
A imaxe de san Xosé mostra o pai de Xesús coa man no peito, en posición de admiración ao neno.
O segundo selo que emite Correos con motivo do Nadal representa unha estrela típica, que tamén se poderá colocar na Tarxeta Coleccionable de Nadal, con forma de árbore do Nadal que se iniciou o ano pasado coa “campaíña” e que culminará en 2018 cun selo protagonizado por un “regalo”.
Os selos levan un cuño interno que permite separar a silueta das figuras do adorno para que se poida decorar a árbore de Nadal da tarxeta, ou ben, como acontece co selo de san Xosé, se poderá manter co formato normal.
A “estrela” representada no selo é unha estrela dourada que inclúe o logotipo de Correos, xunto coas palabras “Nadal” e “España” e, tamén, a Tarifa A, que é o valor postal que posúe.
O selo de san Xosé emitirase con Tarifa B.
Correos anima os coleccionistas, e o público xeral, a decorar o noso Belén e a nosa árbore de Nadal co seu maior signo de identidade, os selos.