Data de emisión: 15 setembro 2017

Oficios antiguos. Alfarero

CONSULTAR TARIFAS

Oficios antiguos. Alfarero

HISTORIA

OFICIOS ANTIGOS. OLEIRO. CERÁMICA DE TALAVERA

Este ano, Correos emite unha nova serie dedicada aos oficios antigos. Inaugura esta serie un dos oficios máis antigos da historia da humanidade, o de oleiro e, para homenaxealo, o selo está dedicado á cerámica de Talavera.

Preséntase nun novo Prego Premium e posúe a característica de estar impreso nun papel con textura de cerámica.

Dende o principio dos tempos, o home necesitou utensilios que lle fixesen a vida máis doada. Por este motivo, xurdiu probablemente o oficio de oleiro, que consiste en realizar obxectos de barro ou arxila.

Esta actividade e os seus produtos, sempre foron obxecto de admiración, e iso, demóstrano as múltiples obras de arte de distintos pintores como Velázquez, Goya ou Murillo, tamén Zurbarán ou Romero de Torres, que incluían algún motivo, oleiro en moitas das súas creacións.

A olaría lévanos á cerámica, e concretamente, á protagonista desta emisión, a ben coñecida cerámica de Talavera.

Coñécese como Cerámica de Talavera, un tipo de cerámica que se fabrica na cidade de Talavera de la Reina, con materiais do río Texo como o barro, caolín e diferentes e bonitos esmaltes.

Úsase para realizar vaixelas, fontes, murais de azulexos e demais elementos ornamentais.

A cidade, posúe unha marca de calidade que fai que os seus produtos oleiros se distingan do resto, chámase “Marca de Calidade Talavera Cerámica”.

Estes produtos son coñecidos no mundo enteiro e, ademais de adquirilos, pódense gozar no Museo de Cerámica Ruiz de Luna.

Este museo está situado na cidade toledana e foi creado polo ceramista español Juan Ruiz de Luna, como depósito da súa colección particular. Tras a súa morte, foi cedido ao concello da localidade.

Con este selo, que presenta unhas mans traballando o barro e unha xerra decorada, Correos pretende iniciar unha homenaxe a todos oficios que xurdiron para facer a vida máis doada, envolvidos pola arte e o bo facer.