Data de emisión: 01 febreiro 2017

Serie Básica. S.M. El Rey Felipe VI

CONSULTAR TARIFAS

Serie Básica. S.M. El Rey Felipe VI

HISTORIA

SERIE BÁSICA

Dous anos e medio fai xa dende que o rei Filipe VI ocupou o trono de España e, dende entón, a Serie Básica anual reproduce a efixie do monarca como ata entón o fixera a do seu pai.
A primeira serie básica do rei púxose en circulación o 15 de xullo de 1976 e, dende entón, en España, ao igual doutros países, ten como finalidade: “cubrir todas as posibilidades de franqueo previstas pola tarifa postal”.
Este ano súmase un novo selo para a tarifa 0,05 euros que, seguindo a liña do ano anterior, presenta miniaturas da coroa real, neste caso de cor verde.
Na parte superior esquerda aparece a letra ñ, distintivo da Marca España.
Filipe VI, dende a súa coroación, mostrouse como un rei preocupado pola situación que afrontan moitas familias españolas a causa da crise. No seu último discurso do Nadal, gabou o esforzo e sacrificio e, sobre todo, a xenerosidade e solidariedade deste país.
Tamén subliñou a necesidade de manter e mellorar a convivencia, o respecto aos demais, entre maiores e tamén nos colexios. Respecto ás distintas ideoloxías, opinións e visións que conviven en España.
O rei fala tamén da necesidade de unidade entre os españois ante un futuro incerto, con grandes desafíos nos que o terrorismo internacional é unha das ameazas globais que axexan ao mundo.
Os avances tecnolóxicos, as novas formas de comunicación e de relacionarnos introducíronse nas nosas vidas e, por iso, a sociedade debe adaptarse a esta nova realidade. Neste aspecto, sinala que é moi importante a educación, unha educación que fomente a investigación, a innovación e a creatividade para poder elaborar unha sociedade adaptada a estes novos tempos que vivimos.
O selo que se emite únese aos sete que se presentaron en 2016, que inclúen os catro valores máis usuais para o franqueo da correspondencia baixo as letras A, A2, B e C, e tres selos de valores complementarios.