Data de emisión: 08 maio 2017

TIC. Videojuegos. La Abadía del crimen (1987-2017)

CONSULTAR TARIFAS

TIC. Videojuegos. La Abadía del crimen (1987-2017)

HISTORIA

TIC. VIDEOXOGOS


Por terceiro ano consecutivo aparece a emisión TIC, este 2017, dedicado aos videoxogos e dentro destes quíxose homenaxear a un videoxogo español: La Abadía del Crimen debido a que celebra o seu 30 aniversario.
Esta emisión aparece en forma de miniprego e ilustra graficamente o contido de La Abadía del Crimen: para fomentar o xogo incluíuse tinta termocrómica que nos permite, ao deslizar o dedo por enriba dos espellos (portas), ir descubrindo 6 obxectos diferentes que son as probas do xogo real. O miniprego complétase cun aceno á evolución da tecnoloxía, que é unha parte pergameo e outra unha pantalla de televisión.
En 1987 os sistemas microinformáticos invadiran os fogares de España para quedar. Nun deses fogares da Cidade dos Xornalistas de Madrid, xestouse o nacemento dun videoxogo que rompería moldes.
Obra de Paco Menéndez e Juan Delcán, La Abadía del Crimen non se limitaba a reproducir fórmulas e afondaba en diversos aspectos da programación que daban ao código do videoxogo un nivel sorprendente e que Paco levou ata extremos insospeitados nos apenas 128 KB de memoria que dispoñía o ordenador Amstrad sobre o que plasmou toda a súa xenialidade.
Delcán, pola súa banda, puxo literalmente os piares construtivos da arquitectura e grafismo dun videoxogo portentoso polo seu deseño preciosista, complexo e repleto de finos detalles que marcaron toda unha xeración de nenos xogueteiros cuxa experiencia inmersiva nesa nova vídeoaventura aínda hoxe, trinta anos despois, non esqueceron.