Data de emisión: 05 abril 2017

Tradiciones y Costumbres. Semana Santa

CONSULTAR TARIFAS

Tradiciones y Costumbres. Semana Santa

HISTORIA

TRADICIÓNS E COSTUMES. SEMANA SANTA.

Cada ano coa chegada da primavera, por todos os recunchos de España explotan as tradicións e costumes máis antigos, a Semana Santa, econ este motivo, Correos, emite catro selos dedicados a catro localidades españolas que viven eses días con fervente admiración.

Cáceres: a Semana Santa de Cáceres, foi declarada de Interese Turístico Internacional en 2011. Unha das confrarías máis antigas, a Irmandade do Cristo Negro, está rodeada de misterio e lenda, pois din que está relacionada coa fundación en 1319, da Orde de Cristo por parte de 20 templarios. O selo recolle a imaxe do paso El Señor Camino del Calvario (O señor camiño do Calvario), unha bela composición, na que figura o Cristo Caído e, ao seu carón, a Santa Muller Verónicalimpándolle o rostro.

Zamora: a Semana Santa de Zamora está declarada de Interese Turístico Internacional dende o ano 1986. Silencio, solemnidade, só roto polo son dun coro, os pasos ou un rezo. Tamén a música ten o seu protagonismo nesta cidade, onde se escoitan pezas como a marcha fúnebre de Thalberg, ou o canto do miserere. O selo amosa a imaxe dun farol iluminado por unha candea, obxecto que portan, nalgunhas das procesións, as persoas que acompañan ao paso.

Málaga: o sol, o mar e a arte que percorre as rúas eses días, fixeron dela unha das cidades preferidas para vivir estas festas. En Málaga vívese a Semana Santa con alegría, con bulicio, con aclamacións, con saetas espontáneas e aplausos ao paso das imaxes. Veciños como os da barriada Nueva Málaga, portan durante horas e acompañan ao seu Nazareno do Perdón e á Virxe de Nova Esperanza durante máis de 12 horas sen amosar cansazo nin fraqueza, con todo o barrio animando ao seu carón. O selo recolle o señor de Málaga, o noso Padre Jesús Cautivo, que cada Luns Santo malagueño mexe a súa túnica polas rúas da cidade.

Baixo Aragón: Albalate del Arzobispo, Alcañiz, Alcorisa, Andorra, Calanda, Híjar, La Puebla de Híjar, Samper de Calanda e Urrea de Gaén, son as vilas que integran a Ruta del Tambor y el Bombo (Ruta do Tambor e o Bombo). A tradición consiste en comezar a tocar o bombo e o tambor, a unha hora determinada. Este comezo chámase «romper a hora», e iníciase en case todas as vilas o Xoves Santo ás 12 da noite mentres que en Calanda é ás 12 do mediodía do Venres Santo. Dende ese momento o estrondo compasado de tambores e bombos non para ata o Sábado Santo. No selo reprodúcese unha ilustración dese momento.

Carmen Álvarez Casanova