Data de emisión: 18 outubro 2017

Tuna España

CONSULTAR TARIFAS

Tuna España

HISTORIA

A TUNA.
Este novo Prego Premium dedicado á Tuna está protagonizado por elementos tan característicos como a bandurra ou a pandeireta, os libros que representan o carácter estudantil destas agrupacións ou a bolsa que adoita acompañar a indumentaria dos tunos, neste caso, a que representa Tuna España, coas cores da bandeira española.
Tuna España recibiu a concesión de “Marca España”, por ser considerada unha institución de interese para a promoción do noso país, tanto dentro como fóra das súas fronteiras.
O fondo do Prego Premium está composto por unha partitura musical.
A Tuna nace dentro da universidade e pode ter as súas orixes nos xograres ou trobadores que cantaban para gañar a vida. Tamén nos goliardos, estudantes que compoñían e interpretaban cancións cuxa temática non era ben vista pola sociedade da época. Cantaban ás festas, ao viño ou ao amor profano.
Ese carácter viaxeiro e cun toque picaresco é o que confluíu e conflúe hoxe nestas agrupacións estudantís que, ademais de animar as festas e roldar as rapazas, conservan tradicións como o uso de instrumentos españois populares, como as bandurras, laúdes ou guitarras, que xa nomeaba o Arcipreste de Hita no Libro do Bo Amor.
Moitas universidades, escolas ou facultades teñen a honra de contar cunha Tuna que leva o seu nome por todo o mundo.
Cancións por todos coñecidas como Clavelitos, Noche de Ronda ou Adelita perduran no imaxinario popular.
O selo que protagoniza esta emisión mostra a figura sombreada dun tuno, coa bolsa de Tuna España, que toca unha guitarra adornada coas típicas fitas de cores que adoitan levar para ofrecer como regalo, a xeito de recordo aos que son roldados.
Xunto co nome de Tuna España, aparece tamén o “ñ”, símbolo da Marca España.

Carmen Álvarez Casanova