Data de emisión: 14 xuño 2017

Valores cívicos. Día Nacional de las Lenguas de Signos Españolas

CONSULTAR TARIFAS

Valores cívicos. Día Nacional de las Lenguas de Signos Españolas

HISTORIA

VALORES CÍVICOS. DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS


Os Valores Cívicos son fundamentais para a convivencia nunha sociedade: son unha serie de principios que todo cidadán debe cumprir, respectar e compartir.
Correos leva anos dedicando selos a valores como a solidariedade, a diversidade ou a creatividade, reflectidos nestas emisións.
Nesta ocasión, o protagonista é o Día Nacional das Linguas de Signos españolas.
Para iso, emítese un Prego Premium formado por 20 selos. O Prego Premium recolle unha serie de palabras escritas en lingua de signos: “compartir”, “dereito”, “participar”, “signar”, “comunicar” e “igualdade”.
O selo mostra unha imaxe coa palabra “grazas” signada.
O 14 de xuño de 1936 constituíase a CNSE, Confederación Estatal de Persoas Xordas, co obxectivo de fomentar iniciativas orientadas a loitar polos dereitos das persoas que fan uso da lingua de signos española e, tamén, a catalá.
Moitos anos despois, por fin, conseguiuse que ese mesmo día sexa declarado Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, o que permite dar un paso máis na súa normalización, promoción e protección.
Canto máis se coñezan estas linguas, maior será o coñecemento sobre as persoas xordas e xordocegas, e poder así chamar a atención da sociedade sobre ese colectivo.
As linguas de signos son unha resposta creativa das persoas xordas a esa limitación sensorial. Teñen un carácter visual, espacial, xestual e manual. Responden ao patrón característico da linguaxe humana cunha gramática visual propia.
Existen distintas linguas de signos no mundo, mesmo países que comparten a mesma linguaxe falada posúen distintas linguas signadas.
Na actualidade, conviven en España a lingua de signos española e a catalá, e pasaron de ser usadas no ámbito puramente doméstico a unha situación como a actual, na que se usa en todos os ámbitos e contextos sociais.