Data de emisión: 02 novembro 2018

12 meses, 12 sellos. Ávila

CONSULTAR TARIFAS

12 meses, 12 sellos. Ávila

HISTORIA

12 MESES, 12 SELOS. ÁVILA.

A amurallada cidade de Ávila protagoniza este mes a serie de 12 meses, 12 selos, 12 provincias. Durante este tempo, este selo será utilizado como único tipo de franqueo para todos os envíos que se admitan nas oficinas da devandita provincia. Está representando polas letras AV que constitúen unha montaxe cos elementos máis significativos desta terra.

De fondo aparecen maxestosamente as Murallas de Ávila que son a imaxe da cidade por excelencia. Conta con 87 torres grandes e 9 portas, que como moitos lugares similares, non están exentos de lendas. Para poder ter unha visión de toda a cidade amurallada podemos situarnos nos Cuatro Postes, catro columnas dóricas unidas por unha arquitrabe co escudo da cidade e unha cruz no centro.

Santa Teresa de Jesús. Muller santa, mística e celestial. As súas ensinanzas e experiencias fixeron que fose nomeada a primeira muller doutora da Igrexa Católica. O 15 de outubro de 2018 rematou o ano Xubilar Teresiano que comezou o 15 de outubro de 2017.

Hai referencias á súa flora ou a súa fauna características como pode ser a inclusión da flor da xara ou á cabra montesa respectivamente. Pero tamén a importancia da Serra de Gredos erosionada durante miles de anos polos glaciares.

Sen esquecernos da gastronomía vemos unha típica costeleta de Ávila ou as doce xemas, un dos manxares desta provincia cuxa orixe parece ser andalusí. Elabórase con xemas de ovo, xarope, azucre, limón e canela.

Ávila é unha provincia que emociona, que require coñecela devagar gozando cada instante, cada vila, cada edificio, cada lenda,…