Data de emisión: 25 maio 2018

12 meses 12 sellos. Catedral de León. León

CONSULTAR TARIFAS

12 meses 12 sellos. Catedral de León. León

HISTORIA

CATEDRAL DE LEÓN

León volve ser protagonista dun selo, neste caso, da catedral de León. Esta nova folla bloque recolle o motivo que non aparecía no selo dedicado á provincia de León, dentro da serie 12 meses, 12 selos, 12 provincias.

A catedral de León, coñecida cariñosamente polos leoneses como Pulchra Leonina, é unha das iconas máis significativas da cidade e tamén do resto de España, xa que foi o primeiro edificio declarado Monumento Nacional mediante Real Orde de 28 de agosto de 1844. Este edificio gótico de estilo francés foi construído no século XIII sobre as ruínas duns antigos baños romanos. Os datos sobre os mestres arquitectos que participaron nas obras non son de todo concluíntes, pero seica foron tres os seus principais artífices. O mestre Simón e o mestre Enrique, ambos os dous de orixe francesa (de aí ese aire afrancesado da catedral que recorda á de Notre Dame ou a basílica de Saint Denis) e o mestre Juan Pérez, de orixe española.

O edificio sufriu numerosas modificacións. Derrubamentos debidos á humidade, o famoso terremoto de Lisboa ou os desprendementos de pedras que tiveron lugar a mediados do século XIX fixeron que a catedral pasara por numerosas obras ao longo da súa historia. Foi no século XIX cando Juan Madrazo e Demetrio de los Ríos realizaron a gran reforma que deu á catedral de Santa María de León o seu aspecto actual, máis fiel á súa orixe.

O exterior do edificio déixanos pórticos tallados, coloridas vidreiras, impresionantes rosetóns e, no interior, un dos coros máis antigos de España. A catedral alberga esculturas de gran beleza, como a da Virxe da Esperanza, a Virxe Branca ou a imaxe da Virxe da Inmaculada de estilo gótico leonés.

A folla bloque está representada pola fachada principal da catedral e o selo está constituído polo centro desta imprimido con diferentes técnicas: o rosetón central imprimiuse a prata-offset e as ventás oxivais en cold foil; en fendido o tímpano principal. O selo e as vidreiras que compoñen as ventás oxivais están perforadas.